_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno recibe a delegados sindicais de Carsa e insta ás partes a retomar á negociación para evitar os despidos

O executivo socialista recibiu este mediodía no Concello a unha representación do plantel de traballadores de Carsa que solicitaran reunirse co alcalde, Alberto Varela, para expoñerlle o conflito laboral que se está producindo na carroceira con sede en Bamio. Despois de escoitar a problemática trasladada polos representantes sindicais de CCOO, o rexedor e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones fan un chamamento a que se retomen as negociacións para tratar de chegar a un acordo positivo para ambas partes e que evite os despidos.
11.11.2020.- A situación de Carsa preocupa moito ao goberno local, que confía en que patronal e masa social fagan un esforzo na procura do entendemento, de xeito que ningún deles salga gravemente prexudicado da complicada situación que vivimos a nivel global. Varela entende que a forte recesión económica estea facendo mella nas empresas, que ven reducida a súa actividade, pero considera que a solución non pode pasar pola destrución de emprego, o que incidiría aínda máis no deterioro e afundimento da economía, neste caso da local, co empobrecemento das familias e a conseguinte retracción do consumo noutros sectores.

O executivo socialista confía en que tanto empresa como traballadores poñan todo o seu empeño en buscar unha solución intermedia que permita á empresa poder seguir operando de forma viable sen perder postos de traballo. O Concello lembra que Carsa é unha das firmas máis potentes e con maior arraigo en Vilagarcía, da que nos sentimos orgullosos e da que necesitamos que aguante o embite e se repoña canto antes e con maior forza. E iso só se pode facer mediante a colaboración e a unión das partes”, sentenciou Varela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -