_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello acomete a limpeza de regatos municipais dentro da campaña anual para previr inundacións

Como xa ven acontecendo dende hai uns anos, o Concello de Vilagarcía, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, desenvolve unha campaña de limpeza de regatos do municipio co obxectivo de previr e reducir o risco de inundacións coa chegada da tempada de choivas. Os traballos, que comezaron a finais de outubro, desenvólvense no curso medio-baixo e nos tramos urbanos de cinco ríos: Con, Santa Mariña, Lomba, Tripeira e Faxilde.
13.11.2020.- Os operarios municipais de Medio Ambiente xa remataron as labores de limpeza e corte de maleza no regato da Tripeira ao seu paso por Guillán e ata o punto onde comeza a súa canalización, nas inmediacións da estación do ferrocarril. Tamén está despexado o tramo do regato Lomba que vai dende Cornazo de Abaixo ata a zona de Fexdega, onde o regato morre ao atoparse co Con. A última actuación rematada é a do río Santa Mariña, no traxecto que discorre entre a parroquia da Xunqueira e a súa desembocadura no río Con, á altura do Parque da Xunqueira.

Nos últimos días estase traballando no regato de Faxilde, limpando o leito no tramo que vai dende a Fonte de Faxilde ata O Freixo. Unha vez se remate aquí, os operarios pasarán ao tramo urbano do Río Con para limpar o leito dende a Avenida Rodrigo de Mendoza, pasando pola Coca e a Laxe, ata onde se encontra co río Leiro.

Pese a tratarse dunha competencia de Augas de Galicia, o Concello leva uns anos colaborando co organismo autónomo, asumindo a limpeza de varios regatos do municipio, co obxectivo de garantir o seu bo estado durante a temporada de chuvias e para reducir os riscos de desbordamentos. A actuación soía complementarse con actuacións directas de Augas de Galicia noutros tramos dos regatos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -