_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno eleva ao pleno a modificación de crédito para financiar a cuberta do patio da escola de Aralde

O Concello de Vilagarcía xa rematou o trámite administrativo que tivo levar a cabo para obter os fondos necesarios cos que financiar a cuberta do patio da escola de Aralde, despois de que a Consellería de Educacións e negase a asumir a obra da súa competencia. Como consecuencia, e tal como se anunciou hai unhas semanas, o expediente de modificación de crédito que permitirá dispoñer dos 21.843 euros que custa a actuación, elevarase ao Pleno ordinario deste mes, polo que a continuación xa se poderá proceder a contratar a obra, cumprindo así o compromiso adquirido polo goberno que preside Alberto Varela coa comunidade escolar do centro educativo.
17.11.2020.- A tramitación da modificación de crédito foi a ferramenta contable á que tivo que recorrer o Concello para financiar unha actuación que non tiña previsto e, polo tanto, non contaba con previsión orzamentaria. Para buscar os fondos utilizáronse sobrantes de diversas partidas e rebaixas na licitación de algunha obra dos últimos exercicios contables. Aproveitando o trámite, tamén se buscou financiamento para cumplimentar outras actuacións e proxectos a realizar ou xa en curso. Por iso a suma total da modificación de crédito a aprobar polo pleno ascende a 85.233 euros procedentes de restos.

A maiores da instalación da cuberta no patio do colexio de Aralde, destínanse 5.748 euros a completar a substitución do pavimento do Parque Miguel Hernández, actuación que será obxecto dun proxecto moito máis ambicioso e cuantioso que está elaborando o executivo socialista e que se financiará por outra vía. Tamén se reservan 8.133 euros para traballos de revestimento exterior da cristaleira da fachada sur da piscina de Fontecarmoa cos que solventar os problemas de condensación que se rexistran. Trátase dunha actuación provisional como anticipación ás obras posteriores de ampliación da piscina que se financian a través dos fondos da EDUSI.

Por último, tamén se obteñen 63.465 euros para cubrir o custes engadidos por situacións sobrevidas na obra do Paseo a Vilaxoán, imposibles de prever antes de iniciar as obras, como axustes nos trazados das canalizacións soterradas de servizos de electricidade e telecomunicacións e o desprazamento dunha canalización non recollida nos planos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -