_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello precinta un local clandestino de xogo e bebidas no que ademais se reunía xente incumprindo as normas sanitarias

O Concello de Vilagarcía vén de ordenar o peche e precinto dun local clandestino situado na avenida Agustín Romero no que supostamente se estaban a realizar festas ilegais, se vendía e consumían bebidas alcohólicas e se celebraban timbas de póker. A resolución municipal está propiciada pola denuncia instruída pola Policía Local en base aos feitos detectados o sábado a media noite por unha das patrullas que, ante a actitude sospeitosa de tres persoas reunidas -saltándose o toque de queda- á entrada dun local de “montaxes eléctricos” coa verxa medio baixada, inicialmente pensaron que podía estarse producindo un roubo. A intervención dos axentes e o rexistro das instalacións, apuntaron a algo ben diferente.
19.11.2020.- Segundo consta no atestado, cando os axentes baixaron do coche para identificar ás tres persoas por incumprimento do toque de queda, dúas delas escaparon pasando a gatas baixo a verxa para esconderse no interior do local. Tras interceptar ao terceiro, temendo que se puidera estar producindo un roubo, solicitaron a presenza doutra patrulla para acceder ao local. Ao facelo atopáronse a cinco persoas dentro, unha das cales dicía ser o arrendatario do baixo e que o utilizaba para reunirse con amigos. Xa de partida, a Policía instruíu as pertinentes notificacións por incumprir tanto a restrición horaria como a prohibición de reunións de persoas non convivintes impostas a consecuencia do COVID.

Na inspección ocular, os axentes comprobaron que o local estaba amoblado con varios sillóns, mesas e cadeiras e que estaba dotado de barra de bar con caixóns; unha neveira con cervexas, refrescos e xeo; estantes con numerosas botellas de bebidas alcohólicas; varios paquetes de tabaco; unha caixa metálica con moedas; unha mesa de póker e unha caixa con fichas deste xogo; unha máquina tragaperras e ata un sistema de vixilancia interior dotado con varias cámaras cuxas imaxes se monitorizaban a través dun ordenador. Ademais, no local había cartas de prezos impresas e tamén códigos QR pegados nas paredes para acceder aos prezos das bebidas, o que apunta cara unha actividade comercial que, claramente, carecía de permiso.

Por si fora pouco, a Policía tamén interveu no rexistro unha bolsa de plástico que atoparon tirada no chan e que, aparentemente, contiña marihuana.

Tras identificar e informar aos individuos e que se lles ía denunciar por incumprimento da normativa sanitaria, os axentes ordenaron desaloxar o local no que so quedou o responsable.

Maila isto, pouco tempo despois, foi a Garda Civil Fiscal a que acudiu ao local da avenida Agustín Romero para inspeccionalo, atopándose de novo no interior a tres persoas reunidas (responsable e outros dous mozos), que tamén foron denunciados pola dotación, que tamén levantou acta por actividade clandestina.

Como consecuencia do atestado da Policía local, o Concello ordena o peche e precinto do devandito estabecemento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -