_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica a Oresa a construción dos novos vestiarios no campo de fútbol “Mari Paz Vilas” de Bamio

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía adxudicou esta semana as obras de ampliación dos vestiarios no campo municipal de fútbol “Mari Paz Vilas” de Bamio. A actuación adxudicada á empresa Grupo Oresa por 43.708 euros consistirá en habilitar dous novos vestiarios para complementar aos xa existentes. A obra comezará tan pronto se asine o contrato. O prazo de execución é de 1 mes.
21.11.2020.- Os dous vestiarios existentes no campo de Bamio resultan insuficientes a día de hoxe, especialmente dende a incorporación de novos equipos e a creación do equipo feminino por parte do club de fútbol, Bamio, principal usuario das instalacións deportivas municipais nas que tamén adestran as bases de Os Ingleses e algún equipo de categoría inferior do Arosa. Esta situación fai precisa a creación de dous novos vestiarios que permitan unha axeitada separación entre os de homes e mulleres. A carencia solventouse a tempada pasada mediante a instalación dunha caseta que actúa como vestiario provisional ata que non se rematen as obras agora proxectadas. Aínda que polo de agora ningún club está adestrando en Bamio debido ás restricións e normas de prevención do COVID, o Concello pretende construír os novos vestiarios coa maior brevidade.

As obras consistirán en construír dous vestiarios con aseos baixo a bancada, instalacións que contarán coas correspondentes instalacións eléctricas e de fontanería (saneamentos, rociadores, temporizadores, dous termos de auga de 300 litros de capacidade…). A realización desta obra obrigará a trasladar o actual local das oficinas, que se recolocarán nunha caseta de nova construción, convenientemente habilitada para acoller as funcións á que se destina.
Con anterioridade a estes traballos, tamén se levou a cabo a obra de nivelado do terreo de xogo do campo municipal de Berdón, traballos xa rematados nos que se investiron 13.915 euros. A obra realizouna Marconsa e consistiu en arranxar a zona do tapiz de herba artificial que presentaba un afundimento debido ao repisamento do terreo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -