_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O posto de socorrismo do Preguntoiro renovarase en 2021 e instalaranse mesas de picnic nas áreas de recreo dos areais

A Concellería de Medio Ambiente e Praias traballa xa na planificación da tempada de praia de 2021 co obxectivo de que os areais do municipio estean perfectamente dotados ao inicio da campaña. Para ir dispoñendo dos equipamentos coa antelación suficiente, a Xunta de Goberno Local acordou hoxe a adquisición de diverso material co que ir renovando e completando os servizos existentes. En concreto, adxudicouse a compra dunha caseta para renovar o posto de socorrismo do Preguntoiro e unha partida mesas picnic para distribuír nas areas de recreo das tres principais praias do municipio e para outros merendeiros. O investimento total ascende a 30.817 euros que se financian a través do Plan Concellos da Deputación.
30.11.2020.- A Concellería de Medio Ambiente e Praias comezou este ano o plan de renovación dos postos de socorro das praias do municipio coa adquisición das novas instalacións para os areais da Concha-Compostela e de Bamio que xa estiveron operativas este verán. A actuación completarase en 2021 coa substitución da caseta do Preguntorio pola que acaba de adxudicarse a Baygar por 12.813 euros. O equipamento ten unhas dimensións de 6 metros de largo por 4,7 de ancho e as características son similares as dos postos das outras dúas praias: con paredes e teito con illante térmico, ventás e división interior para separar dous habitáculos.

Tamén se adxudicou a Baygar por 18.000 euros a compra dun lote de 80 mesas picnic para instalar nas áreas de recreo das praias e tamén para outros merendeiros do municipio. Algunhas destas mesas utilizaranse para substituír ás existentes que se atopen deterioradas debido a súa antigüidade e outras como implemento ou creación de novas zonas de esparexemento an espazos ao aire libre.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -