_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Varela e Tourís abren unha nova etapa na relación da cidade co porto

O alcalde, Alberto Varela, e o presidente da Autoridade Portuaria, Xosé Manuel Cores Tourís, mantiveron unha primeira reunión de carácter protocolario pero na que se sentaron as bases para abrir unha nova etapa nas relacións da cidade co porto e viceversa. “Non podemos arranxar en cinco minutos os temas que levan sobre a mesa anos”, advertiu Varela, pero engadiu que o espírito de colaboración quedou patente, algo que ratificou Tourís.
30.12.2020. A lista de cuestións pendentes é abondosa. Dende a reversión da antiga comandancia de Mariña ao concello para destinala a centro de saúde, á pretensión do Porto de construír un hotel nunha parcela no Ramal, pasando pola modificación do Plan Especial para incluír nel todos os recheos feitos nos últimos anos ou mesmo o novo destino do peirao do Ramal para uso público. Tanto Alberto Varela coma Xosé Manuel Cores recoñeceron que hai diferenzas nos asuntos e noutros dependen de administracións superiores, é o caso da Xunta de Galicia na modificación do Plan Especial. Pero como dixo Tourís, “hai vontade de chegar a acordos”, e puxo como exemplo o dun feirante que ten chegar a un punto de acordo co seu posible cliente.

Despois de que Varela asistira á toma de posesión de Tourís e de que este fixera a súa primeira visita institucional ao Concello, ambos quedaron en volver a reunirse así como pasen as festas de Nadal e desta vez xa cos técnicos para ir abordando cada asunto coa maior dilixencia e seguridade xurídica. Neste sentido, o presidente da Autoridade Portuaria celebrou que as dúas institucións teñen magníficos profesionais, que –asegurou- serán quen de buscar as mellores solucións aos problemas pendentes. E é que tanto Varela coma Tourís coinciden en que o que é bo para o Porto é bo para a cidade, é ao revés.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -