_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello construirá unha estación de bombeo no punto negro da zona de O Lago, en Cea

Na primeira Xunta de Goberno do ano, a celebrada esta mañá, o goberno local de Vilagarcía acordou executar dúas actuacións de ampliación e mellora do servizo de saneamento. A primeira, cun investimento de 12.000 euros, a que permitirá acabar cun punto negro de verquido na zona de O Lago, na parroquia de Cea, e a outra, cun custe de 5.000 euros, a de renovación dos impulsores do bombeo de Vilaxoán.
04.01.2021.- O Concello encarga á empresa Excavaciones y Construcciones Diéguez a execución da obra no Lago. Os traballos consistirán en adaptar un antigo pozo aberto hai anos pero que nunca chegou a funcionar, e en instalar e poñer en marcha a nova maquinaria precisa para bombear as augas residuais procedentes das casas da zona e facilitar o correcto funcionamento da rede de saneamento. Ata o de agora, a falta desa impulsión provocada que as augas residuais se acumulasen nese punto, buscando unha saída natural cara un regato. Coa obra proxectada e xa contratada resolverase o problema e acabarase cun punto de verquido. Os traballos a realizar poden estar rematados nun prazo de pouco máis dun mes, tempo ao que haberá que sumar o que tarde Fenosa en dar de alta o boletín para conectar e subministrar a enerxía necesaria para o funcionamento da instalación.

Os traballos a realizar no bombeo de Vilaxoán son máis sinxelos e executaranse directamente con man de obra municipal. Trátase dunha actuación de mantemento consistente en renovar os dous impulsores actuais, que se atopan moi desgastados polo uso e a acumulación de area na zona, o que fai que o bombeo traballe moi lentamente. Cos novos impulsores o proceso axilizarase moito e reducirá o consumo de enerxía eléctrica, co que ademais haberá un considerable aforro enerxético.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -