_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A pandemia tamén pasou factura ás vodas no Concello, que esborralláronse un 65% en 2020

Como era de esperar, a pandemia do COVID 19 tamén tivo consecuencias no número de vodas civís celebradas no Concello de Vilagarcía. O 2020, ano da pandemia, o número de enlaces esborrallouse nada menos que un 65% respecto ao 2019, ao terse limitado a 24 as cerimonias oficiadas no salón Nobre de Ravella fronte as 68 do ano anterior. Maila que houbo parellas que, pasado o confinamento, decidiron seguir adiante cos seus plans pese ás normas de seguridade e medidas sanitarias a cumprir, a maioría das que tiñan reservada data en 2020 optaron por trasladar o enlace ata 2021, confiando en poder celebralo con toda a familia e amigos, sen limitacións de aforo e restricións de mobilidade.
07.01.2021.- Nada facía augurar a principios do 2020 que os casamentos ían a caer en picado ese ano, posto que ata mediados de marzo, xa se tiñan celebrado 8 cerimonias no Salón Nobre do Concello, un número bastante normal dado que o primeiro trimestre do ano non soe ser o máis forte no que a casamentos se refire. Loxicamente, dende o inicio do estado de alarma e durante o confinamento, non houbo ningún tipo de actividade, con cero vodas en abril e maio. Houbo que esperar ata as primeiras semanas da desescalada, xa a mediados de xuño, para volver a oficiar un casamento no consistorio. A contagotas, con moitas medidas de seguridade, cun número testemuñal e invitados e con noivos e presentes lucindo máscara, retomouse a actividade con 3 celebracións e en xullo, outras tantas en agosto, 6 en setembro, dúas en outubro e 1 en novembro.

En decembro non se celebrou ningunha voda, pero o Ano Novo resultou madrugador, xa que o primeiro casamento tivo lugar o segundo día do ano, o sábado 2 de xaneiro. E xa están pechadas 27 reservas máis, case todas, como a do pasado sábado, correspóndense con vodas aprazadas en 2020.

A competencia de oficiar os casamentos civís nun Concello corresponde ao alcalde que, non obstante, pode delegar en calquera membro da Corporación por asuntos de axenda ou a petición expresa dos noivos. Como consecuencia a esta disposición, en Vilagarcía ofician matrimonios civís varios concelleiros da Corporación. No ano da pandemia, foron 11 os edís que presidiron algunha celebración, 9 deles, incluÍdo o alcalde, pertencentes ao goberno, e outros 2 a grupos da oposición, en concreto Lucía César Veloso e David Oliveira.

Neste ano atípico en canto ao número e protocolo a desenvolver nas cerimonias debido ás normas sanitarias, tamén houbo cambios no ránking de concelleiros casamenteiros, xa que Paola María faise co primeiro posto con 7 vodas oficiadas, desbancando a Lino Mouriño que, con 3 casamentos, pasa ao terceiro lugar. O segundo posto ocúpao este ano Álvaro Carou, que casou a 4 parellas. Con 2 vodas presididas, séguenos o alcalde, Alberto Varela; e a tenente de alcalde, Tania García; mentres que Alba Briones, José María González, Luz Abalo e Diego García fixeron o propio nunca ocasión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -