_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
1.218 nenos e nenas de Vilagarcía foron recibidos polos Reis Magos nunha contorna completamente segura

A visita anual dos Reis Magos a Vilagarcía foi este ano aínda máis máxica que de costume xa que, pese a pandemia, os nenos e nenas do municipio puideron manter viva a ilusión de ver e entrevistarse en persoa con Melchor, Gaspar e Baltasar grazas ao evento especial organizado polo Concello en Fexdega. Unha recepción blindada para garantir un entorno completamente seguro fronte ao COVID e que se prolongou durante catro xornadas para facilitar que o maior número de cativos puidese facer realidade o seu sono sen riscos nin aglomeracións. En total, neses días foron 1.218 nenos e nenas os que pasaron por Fexdega para expoñer as súas peticións aos Magos de Oriente. Unha das máis repetidas: que se acabe a pandemia.
07.01.2021.- O Concello de Vilagarcía organizou esta recepción dos Reis Magos, seguindo as indicacións dadas polo Ministerio de Sanidade que recomendaba a realización de eventos estáticos, de aí que se desbotase o sistema da Cabalgata tradicional ou adaptacións que conlevasen maior mobilidade.

A recepción desenvolveuse como cabía esperar e sen ningún tipo de incidencia, xa que o plan de continxencia deseñado para o evento se cumpriu ao cen por cen, tanto no que se refire ás labores de montaxe e desmontaxe do escenario, como á hora das visitas do público.

A organización agradeceu a colaboración amosada polos asistentes, que respectaron en todo momento o protocolo establecido, as indicacións dos paxes e as normas de seguridade; e tamén á propia disposición das Súas Maxestades, que accederon a permanecer catro días en Vilagarcía para ofrecer 24 horas de recepción, de xeito que puiden atender ao maior número de nenos e nenas dunha forma espaciada e segura.

Esta dispoñibilidade horaria de Melchor, Gaspar e Baltasar fixo que a media de nenos atendidos na recepción fose de 50 por cada hora, o que, ademais de incidir na seguridade, tamén permitía aos cativos charlar con calma co rei que os recibía e incluso sacarse unha foto, iso si, gardando a distancia de 3 metros que separaba as escaleiras do trono.

A reserva previa de cita por franxas horarias evitou que se produciran aglomeracións e esperas, xa que as familias ían entrando de forma fluída sen ter que facer longas colas ao estar todo perfectamente planificado e controlado polos paxes que comprobaban en todo momento que se mantiñan as distancias de seguridade no acceso e durante a entrevista cos Reis e que todo o mundo levase posta a máscara.

O lugar escollido para a recepción deste ano, o recinto Fexdega, tamén facilitou moito o dispositivo de seguridade sanitaria, debido á amplitude do corredor, a altura do pavillón, a ventilación existente e a propia infraestrutura, que permitiu habilitar un circuíto con entrada e saída por lugares diferentes.

O Concello recibiu numerosas felicitacións por parte de familias que asistiron ao evento que agradeceron o esforzo realizado para manter esta data tan especial e chea de maxia para os cativos e facelo nun evento tan controlado e nunha contorna segura. Outro dos aspectos destacados maioritariamente polos asistentes polo impacto que causaba nos nenos e nas nenas, foi a coidada decoración, comezando xa polo corredor polo que se accedía á zona da recepción, e maxestuosidade dos tronos dos Magos de Oriente.

Pola súa banda, os responsables municipais amosaron a súa satisfacción polo éxito desta entrañable cita anual cos Reis Magos e, sobre todo, por ter conseguido que os nenos e nenas de Vilagarcía puideran recibir con total garantía de seguridade o agasallo que lles compense esforzo que realizado durante o confinamento e que seguen facendo ao cumprir coas medidas de prevención fronte ao COVID.

O goberno local confía en que o próximo ano, a visita dos Reis Magos poida volver a contar coa tradicional e multitudinaria Cabalgata, desexo que tamén manifestaron as súas Maxestades antes de partir de regreso a Oriente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -