_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
As obras maiores repuntaron en Vilagarcía un 12% durante o 2020 pese ao parón da pandemia

Como cabía de esperar, as consecuencias da pandemia do COVID quedaron tamén reflectidas na memoria anual do departamento de Urbanismo do Concello de Vilagarcía, aínda que se manifestaron de forma diferente segundo as diversas áreas de traballo. Por exemplo, aínda que en termos xerais, os expedientes de
licencias tramitados polo organismo municipal sufriron un descenso dun 20% respecto ao ano anterior (un total de 693 fronte a 867), hai un apartado que evolucionou en sentido oposto: o das obras maiores, que rexistraron un incremento do 12% ao terse concedido un total de 131 licenzas fronte as 117 de 2019.
09.01.2021.- No conxunto de licenzas que se tramitan ante o departamento de Urbanismo, as máis importantes en volume son as da construción, apartado que engloba os permisos de obras maiores e menores dos que o Concello emitiu o ano pasado 657, un 16% menos que en 2019. Como xa se dixo, as licenzas para obra maior -as que requiren a elaboración e presentación de proxecto técnico- repuntaron un 12%. Na categoría de obras maiores entran as actuacións de maior envergadura e complexidade técnica, tanto edificios de nova construción de todo tipo (bloque de vivendas, vivendas unifamiliares, naves…), como obras de rehabilitación, construción de muros de contención, parcelacións e segregacións de terreos, acondicionamento de locais, construción de piscinas, etc…

As licencias para obra menor -as que non precisan de realización de proxecto previo- son historicamente as máis numerosas. Tamén o foron no ano de pandemia, aínda que seguindo a tónica xeral, diminuíron un 21% ao contabilizarse 526, cen menos que no período anterior.

A maior repercusión da pandemia e da incerteza económica que ocasionou, deixouse no grupo de licencias non construtivas. As licenzas de primeira actividade foron as que máis acusaron a situación, esborrallándose un 66,6% ao tramitarse 19 expedientes fronte aos 57 de 2019. O número de licenzas de primeira ocupación concedidas en 2020 polo Concello foi de 17, o que supuxo unha diminución do 41% respecto ao ano anterior cando se tiñan tramitado 29 .

Axilización do traballo para recuperar a inactividade durante o confinamento

A concesión de licencias precisa dunha tramitación convenientemente regulada que implica diversos pasos, dependendo do tipo de permiso que se solicita, e os preceptivos informes técnicos para comprobar que o solicitado se axusta ás normas. Por iso, aínda que as licencias finalmente concedidas foron 693, os expedientes abordados polos servizos de Urbanismo superan este número, tendo en conta que hai solicitudes que non se chegan a conceder pero que precisan igualmente da pertinente tramitación e elaboración de informes, a maiores doutros trámites.

Este dato, que sempre é preciso ter en conta, presenta este ano maior relevancia si cabe, posto que pese á paralización dos servizos durante a etapa máis severa do confinamento e a posterior reincorporación gradual do traballo na administración local, a tramitación de expedientes retomouse e axilizouse ao máximo para recuperar o tempo perdido e sacar adiante todos os trámites coa maior brevidade. Tamén cómpre salientar que no mes de abril non se rexistrou actividade algunha polo paro absoluto decretado no Estado de Alarma, contabilizándose cero concesións de licenzas, traballo que se foi recuperando a o partir de maio co teletraballo e a posterior incorporación gradual ao traballo presencial durante as fases da desescalada.

No conxunto de licenzas que se tramitan ante o departamento de Urbanismo, as máis importantes en volume son as da construción, apartado que engloba ás licenzas de obras maiores e as de obras menores

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -