_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello proporá tres plans de formación especializados en colaboración con empresas tras o éxito da experiencia piloto

Os excelentes resultados que tivo o primeiro plan de formación especializada promovido e financiado polo Concello de Vilagarcía coa colaboración de Fundivisa é a razón pola que a concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego teña decidido apostar forte por este programa. Tanto é así, que os plans da concelleira Alba Briones Gamarra pasan por organizar en 2021 tres novas accións formativas con compromiso contractual por parte de empresas locais, unha por cautrimestre. A primeira orientarase ao sector do metal e as outras dúas concretaranse nas vindeiras semanas, tras coñecer as necesidades e disposición das industrias locais a asinar os correspondentes convenios co Concello.
13.01.2021.- Briones apunta que “pese a non tratarse dunha competencia municipal, senón de administracións superiores, o Concello de Vilagarcía quere facer o posible para potenciar a creación de emprego no municipio e mellorar a competitividade da nosa industria, obxectivos ambos que se cumpren con este formato de programa que acabamos de experimentar”. A concelleira engadiu que “para o Concello é moi importante comprobar como o esforzo económico realizado dende a administración local con esta iniciativa ten repercusión inmediata e real no emprego”. A maiores, a edil socialista sinala os beneficios sociais e económicos que para o conxunto de Vilagarcía supón esta liña de colaboración entre unha administración pública e a iniciativa privada.

O modelo que segue este plan de formación especializada é que, en función das necesidades de persoal cualificado que ten unha industria, o Concello financia o deseño e impartición do curso cuxa parte práctica se desenvolve na propia empresa. Deste xeito, os participantes rematan a formación en condicións idóneas para comezar a traballar a pleno rendemento dende o momento no que son contratados, evitándolle á empresa destinar parte do tempo a ensinar aos novos empregados a realizar as labores do proceso produtivo en concreto, optimizando así os seus recursos e resultando máis eficientes. Como contraprestación a esta avantaxa, a empresa comprométese á contratar ao 30% dos cursillistas por un período mínimo de 3 meses.

Este foi o formato do convenio asinado a finais do ano pasado entre o Concello e Fundivisa. A formación impartida foi a de “Obtención de moldes e machos por procedementos manual”, proceso no que a empresa precisaba de man de obra cualificada, e constou de 170 horas lectivas (90 teóricas e 80 prácticas). O curso saldouse con excelentes resultados e un elevado grao de satisfacción por parte dos tres actores intervenientes: Concello, empresa e alumnos.

O resultado máis inmediato foi a contratación de tres dos alumnos que completaron con éxito a formación teórico-práctica, dous homes e unha muller, que xa están traballando nas instalacións que a firma posúe no Pousadoiro. Pero ademais, a raíz deste plan, Fundivisa anunciou a súa intención de contratar a un cuarto traballador captado xa no proceso previo de selección para o curso. O currículo desta persoa chamou a atención dos técnicos de recursos humanos da fundición que, vendo que se axustaba ao perfil requirido noutro departamento, contactaron directamente con el. Ademais, a empresa manifestou que, dado a cualificación obtida por participantes, recorrerá a eles cando as necesidades de produción precisen de contratar a máis traballadores.

Briones Gamarra sinalou este aspecto como outra das potencialidades que terán estes programas, “xa que, a maiores dos obxectivos directos, tamén representan unha oportunidade de contacto entre ofertantes e demandantes de emprego, de xeito que nos procesos de selección as empresas tamén toman coñecemento doutros perfís que lles poden ser útiles no futuro ou que poidan estar demandando sen que sexa especificamente para o posto para o que se organiza a formación, como aconteceu neste caso”.

Ao proceso de selección para participar neste curso presentáronse 75 persoas. Das 15 seleccionadas, 11 completaron a formación, tendo que abandonar as outras 4 por razóns diversas (por atopar traballo, por baixa por enfermidade, por non adaptarse ao entorno laboral e por situación sobrevida). Os 11 que remataron amosaron unha excelente actitude e gran disposición á aprendizaxe, segundo a valoración realizada pola empresa na memoria final elaborada polo gabinete de formación que impartiu a actividade “Quick.Up”.

Segundo os datos da enquisa de avaliación final realizada aos participantes no curso, a valoración o programa municipal foi “magnífica”, como o demostra que o 100% do alumnado estaría disposto a participar nunha experiencia similar (o 75% con total seguridade e o 25% restante con moita probabilidade) e tamén a recomendala a coñecidos e achegados (coa mesma valoración e porcentaxes que a anterior).

En canto á calidade da formación recibida, o 50% dos alumnos a cualificaron de “moi boa” e o 42% de “boa”, fronte a un 8% que apuntou que “pode mellorar”. E sobre o grao de cumprimento dos obxectivos fixados, o 50% consideran que foi “bo”, o 42% “moi bo” e o 8% restante “aceptable”.

Os participantes tamén se amosaron moi satisfeitos coa xestión realizadas por parte do Concello, así como coa acollida e dedicación recibida por parte dos traballadores e encargados de Fundivisa. Igualmente, valoraron de forma moi positiva os materiais didácticos utilizados e o material recibido durante o proceso formativo.

Sobre a duración do curso, o gabinete de formación “Quick.Up” apunta que parece a axeitada para os obxectivos do programa posto que, si ben, evidentemente non é posible ensinar o oficio da fundición na súa extensión nas 170 horas lectivas, a formación impartida si garante uns mínimos cos que poder afrontar a adaptación a unha contorna industrial de forma máis rápida, doada e eficaz; aspectos positivos tanto para o traballador como para a empresa empregadora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -