_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
As axudas para estudos superiores concedidas polo Concello xa foron ingresadas aos 161 beneficiarios

Unha semana antes que o ano pasado, os 161 beneficiarios das axudas municipais para estudos superiores xa teñen ingresadas nas súas contas as bolsas concedidas polo Concello de Vilagarcía. O trámite en tesourería completouse o mércores co envío das ordes de pago ese mesmo día ás respectivas entidades bancarias, polo que a día de hoxe todos os estudantes subvencionados xa teñen recibido a axuda. Dado o carácter social destas axudas, os servizos municipais axilizaron ao máximo a tramitación e, pese ao paro da actividade sufrido durante o confinamento, as bolsas foron ingresadas unha semana antes que o ano pasado, cando o abono se completou a terceira semana de xaneiro.
15.01.2021.- Como se sabe o executivo socialista creou hai cinco anos esta liña de axudas para garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica familiar non sexa un obstáculo. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar e ascenden a 400 euros para estudos universitarios e 200 para os ciclos superiores de FP ou estudos de nivel similar.

A maioría das 161 bolsas concedidas nesta última convocatoria corresponde a alumnos que están facendo carreira universitaria, un total de 139, cada un dos cales recibirá 400 euros. Os 22 restantes recibirán bolsas de 200 euros. En total, o Concello destinou a financiar esta liña de subvencións, 60.000 euros (40.000 máis que na anterior edición), cantidade que se esgotou na súa totalidade. Por esta razón, o executivo local xa anunciou que nos orzamentos de 2021 volverá a incrementar a partida para a convocatoria deste ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -