_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
A Biblioteca recupera o horario dos sábados a partir desta semana mantendo o aforo de 40 persoas

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro recupera a partir desta mesma semana o horario dos sábados, polo que estudantes e lectores en xeral poderán tamén acudir ás instalacións ese día en horario matinal, entre as 9 e as 14 horas. As normas serán as mesmas que rexen o resto dos días da semana, con aforo reducido a 40 persoas e seguindo o protocolo que establece as distancias de seguridade, desinfección de mans, limpeza das instalacións, ventilación e mesmo de corentena para os exemplares usados e devoltos no servizo de préstamo.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe volver a establecer a partir do 23 de xaneiro o horario dos sábados que viña sendo habitual antes do inicio da pandemia, a efectos de dar aos usuarios do centro unha maior franxa horaria e posibilidade de uso das instalacións. O horario entre semana, de luns a venres, continuará sendo de 9 1a 14 horas e de 16 a 21, co peche intermedio para facilitar as labores de desinfección e ventilación das dependencias.

Tras o peche pola pandemia, a Biblioteca recuperou a actividade a mediados de xuño retomando o servizo de préstamo e permitindo o uso dios servizos das plantas superiores: salas de estudo e da zona de lectura, así como dos ordenadores. Na sala infantil, situada na planta baixa, non se permite a lectura en sala, aínda que si está operativo o servizo de préstamo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -