_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os controis da normativa COVID saldáronse con 18 denuncias durante a fin de semana

A primeira fin de semana coa entrada en vigor das novas restricións sanitarias e de adianto do toque de queda ás 22.00 horas saldouse en Vilagarcía coa presentación de 18 denuncias por diferente tipo de incumprimentos. A Policía Local estableceu controis nos límites municipais e realizou patrullas de inspección para velar polo cumprimento das normas coas que se está tratando de frear o avance da pandemia nuns momentos moi complicados debido ao crecente e xeneralizado número de casos e ao elevado índice de ocupación das UCIS nos hospitais.
19.01.2021.- Foi o pasado venres, 15 de xaneiro, cando se estreou o novo horario do toque de queda ás 22.00 horas. Entre o venres e o domingo, a Policía Local identificou e cursou denuncia contra 9 persoas que se atopaban nas rúas máis alá desa hora sen ningún tipo de xustificación. Foron 3 o venres e 6 o sábado.

Os controis realizados en diferentes puntos dos límites municipais deron pé a presentación de 7 denuncias por saltarse o peche perimetral carecendo tamén de causa xustificada. Neste caso foron 1 o venres, 2 o sábado e 4 o domingo.
Por último, esta fin de semana tamén se denunciou en dúas ocasións a un mesmo establecemento comercial por permanecer aberto máis aló do horario de peche establecido polas autoridades sanitarias. A primeira infracción produciuse o venres 15, volvendo a detectar a Policía ao mesmo local de venta aberto fora de horario ao día seguinte, cursando sendas denuncias.

Chamamento á responsabilidade

O Concello de Vilagarcía lembra á cidadanía a importancia vital que representa cumprir as normas sanitarias dada a gravidade que está acadando a pandemia nesta segunda onda, por iso prégase que se extremen os coidados e as medidas establecidas polas autoridades sanitarias para tratar de frear o avance da enfermidade e do número de mortes que se están a producir, e para evitar que sexa necesario establecer medidas aínda máis restritivas e que prolonguen máis a desexada volta á normalidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -