_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
Os obradoiros de envellecemento activo regresan na modalidade a distancia e con seguimento “online”

Os obradoiros de envellecemento activo que dende hai anos organiza a Concellería de Persoas Maiores de Vilagarcía regresan este ano adaptados ás novas circunstancias impostas pola pandemia. As actividades impartiranse a distancia e cun seguimento “online” que se axustará ás capacidades dixitais de cada usuario. Pese á dificultade que supón a realización destes obradoiros de forma non presencial para este colectivo en concreto, o departamento que dirixe Tania García considera máis necesario que nunca manter as actividades de envellecemento activo para tratar de frear os efectos negativos que o distanciamento social pode causar aos maiores, considerados de alto risco respecto ao covid e que, polo tanto, para autoprotexerse, son máis estritos co grao de illamento.
22.01.2021.- Dado que a diminución das relacións e contactos sociais e as limitacións a certas actividades físicas pode producir perda de habilidades cognitivas, físicas e agravar o estado emocional, a Concellería organiza unha nova quenda dos obradoiros de envellecemento activo que se desenvolverán do 1 de febreiro ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 31 decembro.

Dada a situación sanitaria que impide a impartición presencial grupal, como se viña facendo, nesta ocasión formaranse microgrupos xuntando aos participantes que posúan unhas capacidades tecnolóxicas similares a efectos de traballar telematicamente con eles.
A empresa que imparte os obradoiros entregará a cada participante un caderno de actividades que servirá de base para o traballo a realizar e que contará con seguimento “online” por parte de persoal cualificado. Nuns casos será a través de vídeo chamadas compartidas por dous ou tres alumnos máis o monitor, noutras a través de whatsapp e noutras mediante chamada telefónica. Para os casos máis necesarios, incluso se poderá citar ao alumno de forma presencial para ser atendido ou facer o seguimento das actividades nunha sesión individualizada.

As sesións celebraranse os martes de 9.30 a 12 horas os xoves de 10 a 12 horas, a excepción dos festivos que se pasarían ao luns e ao mércores respectivamente.

Os obradoiros son gratuítos e dispoñen de 30 prazas destinadas a persoas de 60 anos en diante que estean empadroadas en Vilagarcía. O prazo de inscrición ábrese o luns, 25 de xaneiro, e péchase o venres 29. Os interesados deberán chamar por teléfono ao número 986 099 200 extensión 102 para anotarse. En caso de recibir máis solicitudes que prazas dispoñibles, a cobertura das mesmas farase mediante sorteo público a celebrar o 1 de febreiro. As persoas que non entren pasarán a formar parte dunha lista de agarda á que se recorrerá en caso de producirse algunha baixa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -