_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A humanización de Arcebispo Lago harmonizarase coas rúas da contorna

O Goberno local de Vilagarcía continúa co desenvolvemento do plan de peonalización e humanización co obxecto de continuar co proceso de modernización e adaptación da cidade ás necesidades do século XXI. A seguinte actuación a levar a cabo será a humanización da Rúa Arcebispo Lago, cuxo deseño a Xunta Local de Goberno ten previsto adxudicar o luns ao arquitecto Mariano Vázquez, autor da peonalización da Praza de Galicia. Precisamente, unha das principais directrices apuntadas polo goberno para a obra de Arcebispo Lago é que deberá harmonizar e dar solución de continuidade ás rúas da contorna previamente peonalizadas, así como prever ás que lle seguirán no futuro.
23.01.2021.- A efectos prácticos a rúa Arcebispo Lago está peonalizada dende que se levantou o confinamento. Aínda que o goberno local xa tiña previsto continuar eliminando o tráfico rodado do centro da cidade seguindo polas rúas contiguas á Praza de Galicia, a medida en Arcebispo Lago adiantouse debido á necesidade imposta pola pandemia de habilitar novos espazos públicos que permitisen o esparexemento da poboación e transitar respectando a necesaria distancia de seguridade para previr o contaxio da covid. Ademais, coa conversión de Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda en rúas con dúas direccións de circulación para os vehículos, a peonalización de Arcebispo Lago non supuxo ningún problema. Transcorridos varios meses co tráfico cortado, e coa cidadanía xa habituada ao cambio, agora levaranse a cabo os correspondentes traballos de humanización para adaptar a rúa ao peón e para cambiar por completo a súa imaxe.

Como xa se apuntou, un dos criterios apuntados polo goberno para o proxecto é que a proposta harmonice coas humanizacións xa realizadas na contorna. Neste punto, a elección de Mariano Vázquez supón unha avantaxa posto ao ser o autor da obra da Praza de Galicia xa ten coñecemento previo desta actuación e das fases anteriores que tivo que estudar antes de realizar ese proxecto, coñecemento referido tanto á estética e materiais utilizados como ao relativo ao trazado das redes de servizos básicos e doutras características do terro sobre o que se actuará.

As restantes directrices que marca o goberno e que se deberán respectar no deseño para Arcebispo Lago son actualizar a imaxe da rúa, adaptándoa ao uso e goce dos peóns e baixo criterios de accesibilidade. Ao tratarse dunha zona facilmente inundable por situarse moi próxima a terreos gañados ao mar e cun regato que discorre soterrado, deberán preverse un sistema de recollida de pluviais ben dimensionado e que reduza o risco de anegamento. De igual xeito, o proxecto contemplará a renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga e canalización de servizos. E xa en superficie, débese gardar a estética, utilizando materiais resistentes e que requiran pouco mantemento, e cun deseño agradable con elementos vexetais e zonas verdes.

Maila que a rúa está pensada e deseñada para o uso peonil, dentro das directrices marcadas tamén se inclúe que o proxecto deberá prever o paso de vehículos de emerxencia, acceso a garaxes, zonas de carga e carga para establecementos comerciais e hostaleiros e tamén garantir o acceso de autobuses turísticos ao hotel.

A actuación a proxectar inclúe toda a rúa Arcebispo Lago, dende o cruce con Alexandre Bóveda ata a confluencia coa Praza de Galicia e a rúa Conde Vallellano, sumando unha superficie total afectada de 2.400 metros cadrados. A redacción do proxecto básico e de execución adxudicarase por importe de 17.908 euros e o arquitecto disporá dun prazo de tres meses para entregar o traballo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -