_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A campaña Son da Casa! de Nadal afronta os últimos días co 93% dos bonos xa gastados no comercio e na hostalería local

As persoas que aínda están en posesión dalgún dos bonos Son da Casa! de Nadal dispoñen de prazo ata este domingo, 31 de xaneiro, para gastalos nos establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos adheridos á iniciativa posta en marcha polo Concello para dinamizar a economía local. A día de hoxe tan so quedan pendentes de utilizar o 7% dos 15.000 tickets incluídos nos 3.750 packs emitidos. Isto demostra a excelente acollida que volveron a ter os bonos, xa que o ritmo de venta -esgotáronse todos os packs- e o de utilización foron moito máis rápido que na primeira edición da campaña que se realizou durante o verán.
26.01.2021.- Dado que cada pack de bonos inclúe catro tickets, en total puxéronse en circulación 15.000 tickets, dos que, a día de hoxe, xa se utilizaran 13.97. Aínda que o valor real das compras pagadas con estes bonos é de 105.440 euros, o volume real de negocio xerado acada os 200.000 euros xa que moitas das persoas que pagou con bonos fixo compras por valores superiores, como o demostran os tickets de caixa. A suma incrementarase aínda máis nestes últimos días da campaña cando se gaste o 7% dos tickets que aínda quedan sen usar. Este dato corrobora o efecto activador que a iniciativa municipal ten na economía local.

Como xa se sabe, o Concello financia parte dos bonos de xeito que os cidadáns, pagando 20 euros, podían adquirir un lote co que facer compras por importe de 30 euros. É dicir, que o Concello subvencionou 10 euros en cada pack.
Tamén con motivo da campaña de Nadal, o Concello quixo facer un agasallo aos primeiros 1.000 compradores de packs dobres de bonos (o máximo que se podía adquirir por persoa eran 2 lotes). Estas persoas recibiron un vaso take away coa imaxe da campaña “Son da Casa”, facendo tamén un chisco á hostalería local que durante un mes soamente podía servir os seus produtos para levar.
A segunda edición da campaña contou coa adhesión de 200 establecementos (de comercio de todo tipo, hostalaría e certos servizos) nos que se pode facer compra cos bonos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -