_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O servizo Arroupa obtivo 67 toneladas de roupa usada a través dos 16 contedores conveniados co Concello

Os veciños e veciñas de Vilagarcía seguen contribuíndo á redución de residuos mediante distintas prácticas de reciclado. No relativo á roupa usada que desbotamos, o ano pasado conseguimos reciclar os 67.642 quilos de prendas que depositamos nos 16 contedores de recollida que a empresa de inserción laboral Arroupa ten conveniado co Concello de Vilagarcía a través de Cáritas Diocesana. A suma elévase ata os 79.473 quilos ao sumar as prendas desbotadas no contedor sito no adro da igrexa Santa Baia de Arealonga e no seu roupeiro parroquial.
26.01.2021.- A cifra é importante pero, como está acontecendo con case todas as estatísticas do ano 2020, tamén sufriu as consecuencias do confinamento e da pandemia cun descenso do 10% respecto a cantidade de roupa de segunda man recuperada por Arroupa no ano 2019. Debido aos meses nos que tivemos que permanecer na casa, ás restricións á mobilidade e ás celebracións de tipo social, sumado todo isto á incerteza económica, a necesidade de comprar roupa nova puido diminuír e, polo tanto, verse reflectido nunha maior vida útil as prendas que xa tiñamos e das que aínda non nos deprendemos. Sexa como fora, no ano da pandemia recolléronse 8.8804 quilos menos de roupa que no exercicio anterior.

No que respecta aos contedores habilitados en terreo público municipal, os que son froito do convenio de colaboración do Concello, os resultados máis avultados son so que rexistraron no punto da Praza da Constitución (10.607 quilos) e no do Piñeiriño (9.909). Seguíronlle os contedores vermellos situados en Carril (4.653), Matosinhos (4.604), Vilaxoán (4.469),Rúa San José (4.348), Avenida das Carolinas (4.251) e Sobradelo (4.063). Na franxa das 3 toneladas se situaron os puntos de recollida da Avenida López Ballesteros (3.983) e o da Avenida da Mariña (3,472). Seguíronlle os contedores da igrexa de Rubiáns (2.680 quilos), o da Rúa do Adro en Cornazo (2.448), Rúa do Porto na Torre (2.256) e o do pavillón de Fontecarmoa (2102). Os puntos con menor volume de recollida foron os da Rúa Primeiro de Maio-Trabanca Badiña (1.995 quilos) e o da Rúa Coca-Alcampo (1.798).

Xa no que respecta ao solo privado, no contedor do adro da Igrexa de Santa Baia de Arealonga recolléronse 11.197 quilos de roupa de segunda man, mentres que no roupeiro parroquial as cifras caeron de forma notable debido aos meses nos que o servizo permanece pechado polo confinamento e as posteriores restricións sanitarias. Neste punto pasouse de recoller 3.805 quilos no ano 2019 aos 634 do ano 2020.

Beneficio medioambiental e social

Ademais de reducir a cantidade de lixo que anteriormente se depositaba no contedor convencional do lixo e que, como consecuencia se incineraban co resto dos residuos na planta de Sogama, co depósito nos contedores de Arroupa das prendas desbotadas contribuímos a unha boa causa, posto que a roupa se usa como materia prima no programa xestionado por Cáritas para dar emprego a persoas en risco de exclusión social. O seu funcionamento baséase na recollida da roupa usada doada e no seu acondicionamento para a posterior venta, en tendas tamén xestionadas por Arroupa, como prendas de segunda man ou como telas. A roupa máis pasada de moda que non ten saída comercial aquí, destinarase á países en vías de desenvolvemento, onde si a ten. Así, a iniciativa da traballo a persoas que se encargan do proceso de recollida e traslado, ás que se ocupan da selección e acondicionamento das prensas e ás que atenden os comercios de roupa de segunda man. A colaboración do Concello nesta iniciativa de carácter social faise mediante o convenio que permite á Cáritas contar de xeito permanente con 16 contedores de recollida de roupa libres das taxas de ocupación de solo público.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -