AVISOS
As instalacións deportivas municipais péchanse ao público agás para adestramentos ou competicións estatais A Fundación Municipal de Deportes informa de que a partir de hoxe todas as instalacións deportivas municipais permanecerán pechadas ao público en xeral, pudendo soamente ser utilizadas para os adestramentos e competicións de carácter estatal, que non terán público. Pola súa banda, a piscina municipal pecha totalmente. En principio, e sempre en función da evolución da situación epidemiolóxica, o peche prolongarase ata o 17 de febreiro, segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
27.01.2021.- No que respecta ao uso dos campos, pistas e pavillóns de titularidade municipal, nas actuais condicións decretadas pola Xunta so poderán continuar facendo uso deles cinco equipos de distintas disciplinas. Son os que compiten a nivel nacional: En fútbol, os equipos xuvenil e o de terceira do Arosa S.C e o Atlético Arousana; en baloncesto, o Cortegada; O Tenis de Mesa Vilagarcía.
Nas dependencias ou instalacións nas que se desenvolvan adestramentos ou competicións de ámbito estatal seguirase un estrito protocolo de seguridade: os vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. E como xa se dixo, non poderá haber público.
Pola súa banda a piscina municipal, xestionada pola empresa Serviocio, fai un peche total. A concesionaria vén de comunicar á Fundación as medidas a levar a cabo en cumprimento da Orde autonómica. Entre elas, informar aos abonados do peche e o motivo do mesmo e advertirlles de que non se emitirá o cobro de ningún recibo ata que se retome o servizo.