_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno contrata o proxecto para instalar a Biblioteca Municipal no antigo local do Casino

O goberno local de Vilagarcía acaba de dar o primeiro paso para a materialización dunha das actuacións máis esperadas en materia cultural: a ampliación da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, que se emprazará no antigo local do Casino, recentemente adquirido polo Concello. Co obxectivo de ver cumprida esta demanda neste mesmo mandato, o executivo socialista vén de contratar a redacción do proxecto básico e de execución para adaptar as instalacións do edificio da Rúa Castelao ao servizo bibliotecario. A maiores, o goberno que preside Alberto Varela incluirá nos orzamentos municipais deste ano unha partida económica para as obras, suma que, de non ser suficiente tras ter presupostada a actuación, complementaríase recorrendo a distintas liñas de subvencións doutras administracións.
05.02.2021.- A redacción do proxecto adxudicouse a Redondo, Valladares y Rodríguez Arquitectos, S.L.P. por importe de 14.990 euros, máis IVE. A firma disporá dun prazo de dous meses para entregar o documento final. Para a elaboración do proxecto, os arquitectos consultarán coa dirección do centro bibliotecario para recoller as necesidades funcionais e organizativas que plantea o servizo.

O traslado da Biblioteca ao local da Rúa Castelao permitirá resolver os dous problemas que se dan actualmente nas dependencias de Rey Daviña: a escaseza de espazo e a falta de sistemas insonorización que eviten que o ruído procedente da actividade das instalacións anexas: a sala de Exposicións Rivas Briones e o Salón García. O primeiro limita a capacidade e servizos do centro, así como as súas posibilidades de continuar medrando; e o segundo supón unha grave molestia para os usuarios que acoden ao centro a ler, e sobre todo a estudar.

Para ir resolvendo os problemas de espazo, nos últimos 15 anos, a Biblioteca foi adoptando unha serie de medidas provisionais como habilitar unha zona de estudo no Salón García antes da súa rehabilitación, ou o traslado da sala infantil á planta baixa cando se puxo en marcha a Sala Rivas Briones e a actividade expositiva trasladouse a ela. Pero a sala de estudo volveu a perderse cando o salón recuperou a función de sala de espectáculos a finais de 2013, e a zona infantil segue quedando pequena. Como almacén e deposito, a Biblioteca está a usar as dependencias anexas aos camerinos do Salón García.

A ampliación da Biblioteca é unha necesidades que se ven arrastrando e incrementando dende hai uns 15 anos. Dada a imposibilidade física de materializala nas actuais instalacións de Rey Daviña o principal obstáculo que existía foi que o Concello carecía dun emprazamento alternativo e o suficientemente amplo para acoller a Biblioteca. A oportunidade de adquirir o local do antigo Casino, en pleno centro da cidade, despexou o camiño. Segundo o acordo acadado en 2019 coa dirección do Liceo-Casino, o Concello adquiriu a propiedade por 425.000 euros e co compromiso de ceder á sociedade o uso dunha estancia para desenvolver a súa actividade. Efectuada xa a compra-venta e rexistrada a propiedade como de titularidade municipal, o acordo sobre a cesión de uso plasmarase proximamente nun convenio de colaboración.

O local da rúa Castelao suma 1.124 metros cadrados polo que, aínda tendo en conta a cesión dunha dependencia ao Liceo-Casino, ofrece unha boa marxe de manobra para ampliar a superficie de uso propiamente bibliotecario existente na actualidade, en torno aos 600 metros cadrados, aos que hai se suman os 200 destinados a almacén e depósito habilitados nas dependencias contiguas aos camerinos do Salón García.

O traslado e ampliación da Biblioteca Municipal supón unha forte aposta para o Concello xa que, ademais do investimento realizado para a compra do local (os 435.000 euros sinalados), e aos gastos da redacción do proxecto (algo máis de 15.000), haberá que sumar o custe das obras. Para coñecer o importe da actuación haberá que esperar a que estea redactado o proxecto, aínda que é de esperar unha cifra bastante elevada tendo en conta a necesidade de reformar todo o interior do edificio para adaptalo ás necesidades do servizo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -