_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A construción do albergue pasa á segunda empresa mellor valorada, tras a renuncia de Marconsa

A Xunta Local de Goberno acordará na reunión deste luns readxudicar a construción do albergue de peregrinos de Carril á firma Obras Gallaecia S.L. por importe de 529.064 euros, impostos incluídos. O acordo adóptase despois de que a empresa mellor valorada no concurso, Marconsa, e á que xa se lle había adxudicado o contrato no mes de outubro, renunciase ao mesmo o pasado 13 de xaneiro. A proposta de Obras Gallaecia fora a que obtivera a segunda maior puntuación no proceso de valoración. Unha vez asinado o contrato e presentado o plan de seguridade, a empresa dispón dun prazo de 10 meses para executar os traballos.
06.02.2021.- Máis alá de certa demora no inicio das obras, a readxudicación do proxecto de rehabilitación do inacabado edificio da casa de Cultura para a súa conversión en aloxamento de peregrinos non suporá cambio algún na actuación prevista, xa que as melloras ofertadas por ambas empresas eran similares: varias melloras en elementos eléctricos e de xardinería, ademais de ampliar en 12 meses o prazo de garantía que, deste xeito, chega a 2 anos. O único punto no que diferían era na oferta económica, de 7.064 euros superior na segunda clasificada. Maila iso, dado que o presuposto de licitación ascendía a 600.000 euros, a adxudicación á Obras Gallaecia, aínda logra unha rebaixa de 70.963 euros.

A creación do albergue de peregrinos de Carril é un dos proxectos máis ambiciosos do goberno de Alberto Varela para o actual mandato e ten como obxectivo impulsar ao sector turístico local aproveitando a fonda tradición Xacobea coa que conta Vilagarcía, punto de inicio da Ruta Marítimo-Fluvial do Mar de Arousa-Ulla, o camiño primixenio. A actuación finánciase a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Este novo servizo turístico crearase aproveitando a estrutura inacabada coa que no seu día ía a ampliarse a Casa de Cultura de Carril. O arquitecto iago Fernández Puentes é o autor do proxecto de reforma do edificio para a súa conversión nun moderno e funcional albergue de 443 metros cadrados de superficie, con capacidade para 30 persoas e dotado de todos os servizos necesarios. A idea é que o edificio resultante semelle un miradoiro á ría, perfectamente integrado na contorna e inspirado nas arquitectura popular galega tradicional das vilas mariñeiras. Contará con baixo, primeiro andar e baixo cuberta, así como cun terreo aledaño que se aproveitará como zona de recreo.

O albergue deseñouse baixo criterios de funcionalidade, eficiencia e calidade, e contará con todos os servizos que precisa un aloxamento para peregrinos: recepción, botiquín, zonas de estar, aseos, duchas, taquillas, dormitorios, lavandería, almacén, gardabicis, terrazas e zona verde. Por suposto, a obra axústase ao especificado pola Xunta de Galicia no Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos. Todos os locais do edificio, incluídos os dormitorios e os aseos, cumpren coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras para persoas con limitacións de mobilidade.

O executivo local xa mantivo un par de reunións cos responsables de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para incluír as instalacións na rede galega de albergues do Camiño de Santiago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -