_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A tala en altura de árbores no Celso Emilio Ferreiro prolongarase durante tres días

Aproveitando a tregua entre borrasca e borrasca, o servizo municipal de Xardíns en colaboración co de Emerxencias, comezou esta mañá a tala en altura das seis árbores do Parque Celso Emilio Ferreiro cuxa retirada foi aconsellada pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Dada a complexidade da actuación, as labores prolongaranse durante tres xornadas que se desenvolverán de xeito continuado sempre que se manteña o tempo seco que permita realizar o traballo de forma segura.
10.02.2021.- Como xa se anunciara, son 6 as árbores que é preciso retirar debido ao risco de desplome ou caída de ramas, segundo se conclúe no completo estudo realizado polos técnicos do servizo provincial. Trátase de 3 choróns e 3 chopos de gran porte, bastante vellos e fráxiles que presentan varias doenzas como ocos e baixa densidade en tronco e ramas, colonias de fungos, embrandecemento e podremia da madeira, así como defectos na súa estrutura morfolóxica.

Os exemplares máis grandes teñen entre 15 e 20 metros de altura aproximadamente, polo que é preciso facer unha tala en altura, por tramos. Unha vez remate esta parte, previsiblemente a semana que ven retiraranse os tocos e as raíces para preparar o terreo no que se plantarán novas exemplares para manter a masa arbórea do parque. Os choróns substituiranse por freixos e os chopos máis próximos á rúa, por especies ornamentais.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -