_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Vintecinco empresas concursan para realizar a mellora de servizos e urbanización da rúa o Freixo

O Concello de Vilagarcía recibiu un total de 25 ofertas de empresas interesadas en facerse co contrato da obra de Mellora de servizos e urbanización da Rúa O Freixo, en Vilaxoán. O prezo de licitación da actuación é de 148.571 euros e o prazo de execución de 3 meses, aspectos ambos que poden ser mellorados á baixa nas respectivas ofertas. O proxecto promovido polo Concello prevé o ensanche da vía, a mellora e ampliación dos servizos básicos e a construción de beirarrúas, traballos cos que mellorarán considerablemente a accesibilidade e a calidade dos servizos que reciben os veciños da zona.
12.02.2021.- Unha vez pechado o prazo de recepción de propostas, a Mesa de Contratación deberá comprobar o cumprimento dos requisitos económicos e, posteriormente avaliar cada unha das ofertas para propoñer a adxudicación á mellor valorada.

A mellora na Rúa do Freixo é unha actuación que demandaban dende hai tempo os veciños da zona debido ás inundacións que sofren en época de choiva e tamén polos problemas que se rexistraban coa rede de saneamento, que non se podía arranxar debido a que a estreitura da vía impedía o acceso da maquinaria. O goberno local salvou este impedimento negociando e, posteriormente, adquirindo á empresa Coínba unha franxa de terreo que permitise dar maior amplitude á rúa. A franxa de terreo de 551 metros cadrados de superficie comprouse por 15.000 euros. Tras ter formalizada a adquisición, o Concello tivo que encargar un estudo topográfico para garantir o correcto trazado e funcionamento das redes de saneamento e pluviais a instalar e, a continuación, redactouse o proxecto técnico e de obra que agora se saca a licitación.

As obras previstas no proxecto a contratar consistirán en ensanchar o vial actual ata a aliñación prevista no P.X.O.M., de xeito que dispoña do ancho suficiente para garantir a accesibilidade na zona e mellorar a seguridade viaria, tanto para condutores como para peóns os que, ata o de agora, carecían de beirarrúas e apenas de espazo para transitar á vez que un coche en algúns tramos da rúa. O ensanche requirirá o retranqueo dun muro de peche.

O proxecto prevé tamén o soterramento das canalizacións de servizos de telecomunicacións, alumeado público e electricidade, así como a mellora e ampliación das redes de abastecemento de auga, saneamento e recollida de pluviais. A mellora nos dous últimos servizos suporá evitará o colapso e atasco das canalización de augas residuais que se producen en ocasións polo obsoleto da instalación e tamén que a rúa se anegue coa chuvia. Os traballos rematarán coa construción de beirarrúas, pavimentación da calzada e instalación de luminarias led.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -