_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Xardíns utiliza auga quente para combater as malas herbas do Parque da Compostela

A máquina deshidratadora adquirida o pasado mes de agosto polo Concello está sendo de gran utilidade no mantemento dos xardíns, cunetas e zonas verdes do municipio ao xulgar polos resultados das labores realizadas ata o de agora co novo equipamento que funciona unicamente mediante a expulsión de auga quente. O servizo de Xardíns está usando a máquina para a eliminación de malas herbas nos corredores e zonas de paso do Parque da Compostela, comprobando que os resultados son máis duradeiros que a simple eliminación a man ou con anciño, xa que ao queimar as raíces e posibles sementes coa auga quente a temperaturas próximas aos 100 grados centígrados, as herbas tardan máis en volver a medrar.
12.02.2021.- O Concello de Vilagarcía deixou de utilizar herbicidas hai xa moitos anos, polo que a eliminación das malas herbas facíase de xeito manual. O uso da deshidratadora ademais de aportar rapidez e maior durabilidade, mantén esta liña ecolóxica, posto que ao requirir tan so o uso de auga, supón un método totalmente limpo, ecolóxico e totalmente inocuo para o mantemento dos xardíns.

Os traballos que se están a realizar dende hai uns días no Parque da Compostela dan continuidade aos xa executados no da Concha.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -