_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela traslada ao delegado do Goberno a necesidade de culminar a renovación do Paseo Marítimo

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de urbanismo, Paola María, mantiveron esta mañá na Coruña unha xuntanza de traballo co delegado do Goberno, Javier Losada, co obxectivo de facer seguimento aos proxectos que se están desenvolvendo en Vilagarcía ou pendentes de execución e que son competencia da Administración do Estado. Unha das principais demandas trasladadas polo rexedor ao delegado foi a necesidade de culminar a renovación do paseo marítimo, pendente dos fondos para executar a segunda e definitiva fase. Os fondos europeos para paliar os efectos da crise económica causada pola pandemia foi outro dos puntos polos que se interesaron os vilagarciáns.
12.02.2021.- Varela e María lembraron a Losada que a segunda fase da renovación do paseo marítimo segue pendente, a falta de que Costas do Estado habilite o financiamento comprometido e que no seu momento non se puido materializar ao ter que destinar fondos á reconstrución das zonas costeiras asoladas polos temporais de hai dous anos. Dada a demora causada por este imprevisto, o alcalde insistiu na necesidade de que o paseo estea rematado no actual mandato.

Enlazando con este punto, a concelleira de Mobilidade tamén explicou que, en paralelo á obra do paseo, está prevista a ampliación do carril bici dende a zona de A Concha ata Carril, unha obra que o Concello accedeu a asumir cando Costas fixo o propio co paseo. A concelleira pediu a Losada que unha vez estean estruturadas as liñas a través das que se vertebrarán os novos fondos europeos, se informe convenientemente aos concellos sobre as mesmas e o procedemento a seguir, para determinar si Vilagarcía pode acceder a financiamento para realizar este ou outros proxectos.

O solar que o estado posúe na zona do Cavadelo, na parte posterior aos edificios da Comisaría e do Xulgado, foi outro dos puntos comentados co delegado gubernamental. O alcalde pediu a Losada que medie ante o organismo competente para que permita ao Concello utilizalo como aparcamento disuasorio mentres non logran vender os terreos, xa que as dúas subhastas convocadas quedaron desertas.

Infraestruturas e mobilidade

En materia de infraestruturas, María Mochales tamén expuxo a necesidade da construción de beirarrúas e a mellora dos servizos e da seguridade viaria na avenida de Rubiáns, estrada de titularidade estatal.

A concelleira tamén abordou a temática da mobilidade á imposibilidade dos municipios como Vilagarcía, con menos de 50.000 habitante, de acceder a axudas que lles permitan dispor de transporte colectivo urbano e interurbano eficaz e reducir as emisión de CO2. Dado que o Ministerio de Fomento quere potenciar actuacións para reducir os niveis de contaminación atmosférica procedente dos vehículos, a concelleira pediu o establecemento dun marco que permita aos municipios de menor entidade poboacional acceder a eses fondos, sobre todo cando, como é o caso de Vilagarcía, pese a ter 38.000 habitantes absorbe maior tráfico rodado por ser cabeceira de comarca e a onde acoden diariamente moitas persoas doutros municipios a traballar ou a realizar xestións ás diferentes sedes administrativas.

Javier Losada acolleu con interese as demandas realizadas polos vilagarciáns, algunhas das cales xa era coñecedor froito da reunión anterior celebrada no Concello de Vilagarcía. Recoñecendo ambas partes a imposibilidade de avanzar nestas xestións no último ano debido á problemática xeral causada pola pandemia, que ralentizou a actividade durante un tempo e que obrigou a centrar os esforzos na loita contra o Covid e a conseguinte crise económica, o delegado comprometeuse a xestionar ante os distintos departamentos ministeriais as demandas trasladadas por Vilagarcía.

Ademais, Losada informou aos vilagarciáns sobre as obras de rehabilitación do edificio da Casa do Mar, unha actuación á que o Estado destinou 4,5 millóns de euros de investimento. Os traballos adxudicáronse no ultimo semestre do ano 2019 e teñen un prazo de execución de 24 meses. Unha vez finalizada a rehabilitación, o edificio acollerá os servizos do ISM e do CAISS do INSS que actualmente se están prestando en locais alugados mentres duren as obras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -