_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Un sistema para mantemento de bicicletas ampliará os servizos do parque de autocaravanas de Fexdega

O parque de autocaravanas de Fexdega implementará en breve os seus servizos mediante a instalación dun punto de mantemento para bicicletas. O equipamento será de uso libre e gratuíto, aberto a calquera ciclista ou cicloturista, e permitirá poñer a punto as bicis inchando as rodas, realizando pequenos arranxos e incluso lavalas antes de regresar con elas a casa. Trátase dun servizo máis para calquera vilagarcián que use a bicicleta para facer deporte, trasladarse ou pasear, e tamén para os deportistas das dúas rodas e incluso para os peregrinos que fagan o Camiño en bici. A medida encádrase, ademais, nas actuacións que se están levando a cabo para promover o uso da bicicleta no municipio e na dotación de infraestruturas que o faciliten
13.02.2021.- A iniciativa da Concellería de Turismo consiste na instalación dunha columna multiservicio de aceiro inoxidable e sistema antivandálico, de metro e medio de alto, que integra nunha mesma estrutura estación de auutoreparación, sistemas de inflado de rodas e de lavado. O sistema de inflado xiratorio antivandálico está provisto dunha mangueira unida a unha bomba hidráulica e compleméntase cun manómetro de presión. A columna incorpora un xogo de 8 ferramentas unidas á columna con cable de aceiro individual e extensible para poder manobrar e facer as reparacións que sexa preciso na bicicleta. Por último, dispón de sistema de lavado con posibilidade de personalizar o tempo de pulverización da auga. A estrutura leva integrados un brazo de suspensión para fixar a bicicleta e facilitar as operacións de reparación e mantemento.

A adquisición desta estación de mantemento de bicis aprobarase na Xunta de Goberno Local do luns cun orzamento de 3.000 euros. A estación de Fexdega servirá de proba do sistema, xa que a intención do concelleiro de Turismo é ampliar este servizo a outras zonas do municipio, sobre todo aos espazos máis frecuentados por ciclistas ou turistas que veñen en bici.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -