_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A Xunta de Goberno aproba os proxectos de accesibilidade para Doutor Tourón, Marxión e a entrada ás Pistas

A Xunta Local de Gobebro aprobou na reunión desta mañá os proxectos das obras incluídas na segunda fase do Plan de Accesibilidade. As actuacións desenvolveranse na Rúa Marxión, no primeiro tramo da Avenida Doutor Tourón (dende a Praza de España ata o cruce con Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo) e na entrada ás Pistas (no tramo da Avenida de Cambados comprendido entre o chalé dos Pérez Lafuente e os semáforos de entrada ao barrio). Os traballos teñen un custe de 150.000 euros e, como se dixo, financiaranse cos remanentes orzamentario de 2019.
15.02.2021.- A aprobación dos proxectos en Xunta de Goberno é o paso previo e necesario para poder iniciar o procedemento de contratación das obras, que pasan agora a fase de redacción de pregos para a súa posterior licitación.

A actuación prevista no tramo afectado de Doutor Tourón consistirá no ensanche das beirarrúas. A medida é posible xa que a vía ten espazo máis que suficiente ao tratarse dunha rúa de sentido único de circulación de vehículos, cunha plataforma de circulación que antigamente dispoñía de dous carrís. As beirarrúas construiranse nun pavimento continuo sen presenza de resaltes que poidan dificultar o tránsito das persoas. Os traballos incluirán a reforma e renovación das redes de saneamento e de recollidas de pluviais, así como a instalación de novos sumidoiros de pluviais adaptados ás novas beirarrúas. Con esta obra da continuidade as actuacións executadas con anterioridade na Avenida Doutor Tourón dende a glorieta da Mariña Española ata os semáforos de Alejandro Cerecedo.

O proxecto a realizar na Rúa Marxión atende tanto a razóns de accesibilidade como de seguridade viaria. Conforme aos informes policiais, a actuación a realizar pasa por establecer un único sentido de circulación con entrada dende Juan Carlos I ata a Rúa O Pino. Deste xeito poderán habilitarse, na mesma plataforma viaria e mediante sinalización horizontal, corredores seguros para os peóns a ambos lados da beirarrúa, A actuación complétase coa instalación de sistemas de calmado de velocidade.

Os traballos para mellorar a accesibilidade ao barrio das Pistas desenvolveranse no tramo da Avenida de Cambados situado entre as confluencias coas rúas Camilo José Cela e Mondariz. A obra consiste no acondicionamento das beirarrúas, cuxo pavimento atópase actualmente moi deteriorado debido á acción das raíces das árbores, o que provoca o continuo traballo dos servizos municipais para tratar de arranxar os problemas de levantamento e rotura de lousas e desniveis no firme. Coas obras, as beirarrúas disporán dunha superficie nivelada, lisa e continua que ofreza maior seguridade as persoas que por alí transitan.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -