_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Maratón Fotográfico pola igualdade rompe fronteiras ao celebrarse este ano na modalidade non presencial

O tradicional Maratón Fotográfico que dende hai anos organiza a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco dos actos conmemorativos do 8M celebrará a edición deste ano de maneira non presencial para garantir a participación dentro da absoluta observancia das normas sanitarias de prevención da covid. Dadas as restricións á mobilidade existentes, as persoas inscritas poderán participar dende os seus respectivos municipios, tomando as imaxes nas súas áreas xeográficas. A proba celebrarase o 6 de marzo, comezando cunha xuntanza virtual na que se comunicará aos asistentes as tres temáticas que deberán ilustrar nas fotografías, que deberán remitir por correo electrónico ese mesmo día ao pecharse a proba. Concederanse 3 premios de 200 euros.
16.02.2021.-A Maratón Fotográfica do 8 M conta tradicionalmente coa participación de afeccionados á fotografía de diversos puntos da provincia e incluso de municipios da Coruña e Ourense, que se desprazaban ata Vilagarcía para tomar parte na proba. Este ano a participación ábrese aínda máis, xa que non será preciso o desprazamento para participar, o que fai máis doado, se cabe, tomar parte na proba.

A deste ano será a XIII edición do Maratón Fotográfico, unha actividade que xurde en torno ao Día Internacional da Muller, o 8M, e que busca concienciar e sensibilizar á poboación sobre a igualdade de xénero. A fotografía pode ser un instrumento que invite á reflexión sobre a desigualdade de xénero, por iso a través desta actividade preténdese que os participantes capten a través da súa creatividade esas situacións de desigualdades co obxectivo de facelas visibles ante a sociedade como medio para impulsar os cambios que as fagan desaparecer.

Os únicos requisitos para participar na maratón Fotográfica son non ser fotógrafo profesional e inscribirse dentro do prazo establecido, que finaliza o 3 de marzo, conforme aos sistemas que se indican nas bases que se poden obter a través do taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal ou da sede@vilagarcia.gal , onde tamén están dispoñibles os formularios.

A participación na Maratón non ten límite de idade. Os menores deben presentar xunto a inscrición a fotocopia do DNI dun dos proxenitores, titor ou adulto que os representen.

As persoas inscritas deberán participar o mesmo sábado, 6 de marzo, na xuntanza virtual que se celebrará a primeira hora da mañá a través da plataforma informática que se lles indicará previamente. A asistencia é obrigatoria. Na reunión explicaranse as normas para o desenvolvemento da proba e se darán a coñecer os tres temas que deberán ilustrar nas fotografías que poderán tomar entre as 10 e as 19 horas desa mesma xornada. Cada participante deberá presentar unha imaxe de cada tema. Entre as 19 e as 23.59 horas terán que enviar os traballos por correo electrónico ao enderezo sinalado e cumprindo os requisitos formais que se indican nas bases.

O veredicto do xurado farase público o 31 de marzo, coincidindo coa inauguración da exposición con todas as fotografías concursantes no certame.

Para resolver dúbidas, os interesados poden contactar coa Área de Igualdade dirixíndose directamente ao Concello en horario de 8 a 15 horas, chamar aos teléfono 986 099 200 extensións 102 ou 109 no horario antes sinalado, ou remitir un mail ao enderezo muller@vilagarcia.gal

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -