_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Concello e Xunta revisan o anteproxecto para a mellora do integral do saneamento de Vilagarcía

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela valorou como “moi construtiva” a xuntanza por videoconferencia mantida esta mañá coa conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez, e responsables de Augas de Galicia para concretar as actuacións de mellora do saneamento que está previsto desenvolver en Vilagarcía nos vindeiros anos para resolver os problemas de carácter estrutural que ten o servizo. O rexedor considera positivo que a administración autonómica teña presentado o anteproxecto no que se leva traballando co Concello dende 2016 e teña concretado que as actuacións se financiarán con fondos europeos, esperando que se cumpran os prazos sinalados para non demorar máis unhas actuacións urxentes e imprescindibles para Vilagarcía.
17.02.2021.- A xuntanza tiña como obxectivo presentar ao Concello o anteproxecto das obras previstas, segundo as conclusións dos estudos e do traballo de campo realizado por técnicos de Augas de Galicia en colaboración cos técnicos municipais e o concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño. As actuacións recollidas son dúas: a renovación e ampliación da rede de saneamento na marxe esquerda do Río do Con e a ampliación da EDAR.

A primeira inclúe a instalación de nova rede de saneamento e recollida de pluviais dende a rotonda na Luz Salgada ata a desembocadura do Con e a construción de dous grandes tanques de tormenta, un na avenida Rodrigo de Mendoza, baixo o aparcamento de Fexdega, e outro nas inmediacións da desembocadura do río, na avenida Valle Inclán. Esta actuación ten como principal misión corrixir as deficiencias do saneamento de residuais e evitar verquidos cara o río, e tamén reducir os riscos de desbordamentos e inundacións cos tanques de tormenta.

A obra na EDAR permitirá ampliar a capacidade de tratamento e depuración, actualmente ao límite debido ao crecemento poboacional das últimas décadas, dimensionando as instalacións cun horizonte de crecemento a 30 anos vista.

De xeito paralelo á redacción do anteproxecto por parte de Augas de Galicia, e no marco da colaboración institucional acordada, o Concello de Vilagarcía foi adiantando pasos. De feito, para permitir a construción do tanque de tormenta na desembocadura do Con negociou e adquiriu o triángulo de terreos situado a carón da muralla do O Pazo de Vista Alegre, parcela que xa é de titularidade municipal.

Por outro lado, e para axilizar ao máximo a ampliación da EDAR, o Concello xa dispón do documento da Modificación Puntual do PXOM que é necesario levar a cabo para posibilitar a obra. O documento mandarse esta mesma semana á Xunta de Galicia para a súa avaliación medioambiental, trámite que o Concello confía que se desenvolva coa maior axilidade posible, ao igual que a emisión dos informes sectoriais para permitir levar a Pleno a modificación canto antes.

Segundo explicaron os responsables autonómicos, a previsión é poder licitar as obras este ano, unha vez redactado o proxecto definitivo da ampliación da EDAR. Contando coa tramitación e prazos de licitación desta última, e con que a obra ten un prazo de execución de 33 meses a executar en 3 fases, aínda habería que esperar ata 2026 para ver rematada a ampliación; de aí que o Concello espera que a Xunta axilice ao máximo o proceso

Investimento municipal por 2 millóns de euros

Mentres esperaba por este anteproxecto, o Concello de Vilagarcía executou por conta propia numerosas actuacións de mellora de saneamento. A primeira foi recén chegado Varela a Alcaldía, a realizada en Carril por importe de 250.000 euros. Dende entón, o investimento realizado por Ravella neste campo acada os 2 millóns de euros, suma que se verá ampliada nos seguintes meses coa execución das obras previstas xa que, como se sabe, cada proxecto de humanización ou accesibilidade que acomete o Concello, leva implícita a renovación dos servizos básicos. A maiores, neste tempo renováronse preto de 30 instalacións de bombeo por todo o municipio

Exemplo de colaboración institucional

O rexedor agradeceu á Vázquez a liña de colaboración aberta para atender por fin unha necesidade que Vilagarcía vén demandando dende hai anos e que, pese a anunciarse en repetidas ocasións por parte da Xunta sen que se acometera ningún investimento, non foi ata o ano 2016 cando ambas administracións se puxeron mans á obra e comezaron as conversas e os traballos de campo previos ao anteproxecto que se vén de presentar. Varela Paz considera que este é un excelente exemplo do que é a colaboración institucional que tan necesaria é para mellorar a vida dos cidadáns e, neste caso concreto, para poñer fin a uns problemas estruturais cuxa existencia ambas administracións recoñecen e cuxa solución non só repercutirá nunha mellora medioambiental, senón tamén, a deseñar a Vilagarcía do futuro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -