_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O alcalde reclama de novo ao Porto a reversión ao uso público da antiga Comandancia de Mariña

O alcalde, Alberto Varela, trasladou hoxe ao presidente da Autoridade Portuaria a necesidade de que a antiga Comandancia de Mariña, construída no seu día porque a cidade consentiu en facer un recheo con tal fin, reverta ao concello unha vez que o inmoble perdeu a súa función. A cambio, o goberno local estaría disposto a estudiar unha solución alternativa ao hotel que o Porto pretende facer no Ramal, aínda que será condición indispensable que non supoña unha nova barreira ao mar.
Estes temas, ademais da liberación do Ramal ou a modificación do PXOM, son os fundamentais sobre os que comezará a traballar unha comisión mixta Concello-Porto dende o vindeiro martes. O alcalde entende que tanto nuns como noutros temas hai marxe de negociación e solucións técnicas, e confía que nun prazo de dous meses poidan estar aclarados todos eses asuntos, preferiblemente cun acordo por ambas partes.

A posición do goberno local sobre a antiga Comandancia é ben coñecida. Sempre apostou porque alí se instale o centro de saúde que a cidade necesita. Alberto Varela cree que pode lograrse se hai vontade de chegar a acordos, do mesmo xeito que coa pretendida construción dun hotel na parcela portuaria do Ramal. Neste sentido, o alcalde trasladou a Tourís que se o Porto arbitra unha solución para a comandancia, tamén o concello estará disposto a estudiar unha saída ao proxecto do hotel.

PXOM E FERRAZO
O alcalde tamén trasladou a Cores Tourís toda a disposición política e técnica para desbloquear os outros temas que máis preocupan ao porto, pero tamén ao concello. Por unha banda, a modificación do Plan Xeral para dar cabida aos recheos feitos nos últimos anos e con iso posibilitar a dotación de máis espazos de almacenamento na peirao de Ferrazo; e, por outro, a liberación do peirao do Ramal, de xeito que reverta tamén no uso público nunha zona privilexiada entre o peirao deportivo e a praia da Concha.

Como mostra da vontade de “desatascar” estes temas, alcalde e presidente do porto acordaron constituír unha comisión ou grupo de traballo que iniciará o vindeiro martes unha serie de reunións periódicas. Varela estima que dous meses deberían ser suficientes para chegar a un acordo sobre cada un dos asuntos abordados hoxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -