_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
A Escola Infantil de Vilaxoán obtén unha mención nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020

O proxecto arquitectónico da Escola Infantil de Vilaxoán, encargado polo Concello ao arquitecto Iago Fernández Puentes, vén de obter unha mención nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Este non é o primeiro recoñecemento que obtén a obra á que xa en 2019 se lle concedeu un accésit nos Premios Juana de Vega de Intervención na Paisaxe. O alcalde felicitou publicamente a Iago Fernández e congratulouse de que o nome de Vilagarcía soe en Galicia a través destes premios e desta obra como exemplo da boa arquitectura e das intervencións urbanísticas de calidade.
19.02.2021.- A mención nos premios de arquitectura de Galicia correspóndese á modalidade de “arquitectura”, mentres que o accésit dos Juana de Vega enmarcábase na categoría de “intervención en espazos exteriores”, recoñecendo entre ambos as características e calidade do conxunto da obra en termos arquitectónicos, de estética, de adaptación á contorna e de funcionalidade cara a actividade para a que foi concibido o proxecto: albergar unha escola infantil.

A Escola Infantil de Vilaxoán foi unha obra promovida polo Concello de Vilagarcía e encargada a Iago Fernández Puentes. O proxecto recibiu numerosos eloxios dende o momento no que se presentou sobre o papel, e máis aínda, cando a obra veuse completamente rematada e encaixada na contorna. Os recoñecementos nestes dous premios veñen a confirmar esas primeiras impresións.

Fernández Puentes é o autor doutro proxecto promovido polo Concello, a construción do albergue de peregrinos de Carril, un deseño que tamén pretende sobresaír pola súa calidade estética,construtiva e funcional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -