_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
A promoción do deporte inclusivo e feminino puntuará nas subvencións que a Fundación de Deportes concede aos clubs

O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía aprobou por unanimidade dos seus membros o orzamento para 2021, que ascende a 1.154.955 euros. Na mesma reunión tamén se aprobaron as bases das dúas liñas de subvencións que convoca anualmente o organismo e que este ano inclúe dous novos puntos de valoración nas axudas ao deporte federado, tendentes a incentivar o deporte feminino e inclusivo nos clubs do municipio. Por primeira vez, entre os aspectos a valorar, puntuarán tamén o número de licenzas de mulleres coas que conte cada entidade, así como o de persoas con discapacidade.
20.02.2021.-Esta novidade na convocatoria das axudas ao deporte federado afonda nas políticas de igualdade e inclusión social que promove o executivo local de forma transversal en todos os eidos. Así, a maiores dos criterios xa habituais, valoraranse de 1 a 10 puntos os aspectos mencionados. No que ao deporte feminino se refire, os clubs recibirán a puntuación mínima de 1 punto por dispor de 1 a 5 licenzas de mulleres, e 10 puntos si contan con máis de 46. No que a deportistas con discapacidade se refire, a mínima puntuación será de 2 puntos, para os clubs que posúan entre 1 e 5 licenzas, mentres que para obter 10 puntos deberá contarse con máis de 21.

A partida da que dispón este ano a Fundación para financiar as axudas ao deporte federado é similar á do ano pasado, 82.000 euros, que poderá incrementarse, como tamén se ven facendo desde hai anos, si sobran fondos da liña correspondente á organización de eventos.

Como se sabe, as subvencións da Fundación concédense en base á tempada deportiva anterior ao ano en curso. Debido ás circunstancias especiais vividas en 2020 pola pandemia de coronavirus, o confinamento e as restricións sanitarias, a actividade deportiva veuse reducida en gran medida, especialmente as competicións que non tiñan carácter oficial, como torneos de verán, encontros deportivos ou campus que foron suspendidos na espera de mellores condicións para a súa celebración. Por esta razón e de forma puntual, este ano reduciuse a partida destinada a financiar a organización de eventos, deixando unha suma de 11.000 euros para colaborar coas actividades que puideran terse celebrado antes de marzo e durante o verán, como algunhas regatas de vela e similares.

Formación aos clubs para facilitar os trámites das subvencións

O prazo de presentación de solicitudes a estas liñas de axudas abrirase tan pronto como salgan publicadas no BOP as respectivas convocatorias. A Fundación informará previamente aos clubs para que vaian preparando a documentación. Ademais, a Fundación porá en marcha a plataforma de xestión de subvencións adquiridas hai uns meses co obxectivo de facilitar aos clubs a tramitación das subvencións. O programa informático xa está instalado e nas vindeiras semanas ofrecerase unha sesión formativa aos directivos das entidades deportivas do municipio para explicarlle o funcionamento da mesma.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2021  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -