CULTURA
A exposición “Facer Camiño”, da Real Academia Galega das Belas Artes, desembarca o venres na Rivas Briones A actividade expositiva regresa a Vilagarcía este venres coa mostra “Facer Camiño”, da Real Academia Galega das Belas Artes. No marco da celebración deste atípico Ano Santo, a exposición composta por obras de destacados artistas galegos das disciplinas pictórica, escultórica e fotográfica, asocia o arte co Camiño de Santiago utilizando como fío condutor citas e referencias sobre a cidade de Compostela e a peregrinación Xacobea realizadas por autores como Vicente Risco, Dante ou Federico García Lorca. A mostra poderá visitarse na Sala Antón Rivas Briones a partir do venres 26 de febreiro e ata finais de abril, respectando os aforos vixentes e os protocolos hixiénico sanitarios.
23.02.2021- “Facer Camiño” reúne obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado.
A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía xestionou a instalación desta interesante actividade en Vilagarcía, dado o carácter itinerante que a Real Academia Galega das Belas Artes está dando á mostra inaugurada o pasado mes de agosto no marco dos actos conmemorativos do Ano Santo e que xa pasou polas 7 grandes ciudades galegas, así como por outras vilas incluídas no territorio histórico das rutas Xacobeas, como Tui, Cee e Mondoñedo. Vilagarcía de Arousa, que tamén recolle esta tradición a través da ruta primixenia, a Traslatio dos restos do Apóstolo pola Ruta Marítimo Fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, será a seguinte cidade en acoller a exposición “Facer Camiño.