_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O xurado selecciona 9 propostas das 60 presentados ao concurso de ideas para as piscinas descubertas da praia

O concurso de ideas para a construción dun complexo de piscinas descubertas na praia da Concha Compostela xa ten finalistas. Das 60 propostas que concorreron ao certame convocado polo Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o xurado seleccionou as 9 mellores, das que sairá o proxecto gañador. Seguindo o proceso marcado nas bases, a autoría dos traballos mantense no anonimato ata o acto a celebrar o día 13 de marzo no que, ademais de abrirse os sobres onde figuran os nomes dos autores, tamén se fará público o fallo mediante o cal se coñecerá a idea gañadora, así como os restantes recoñecementos, todos eles con dotación económica.
23.02.2021.- O autor da proposta gañadora obterá un premio en metálico de 7.000 euros, así como a adxudicación directa da redacción do proxecto construtivo e a dirección de obra das piscinas, contrato valorado en 41.000 euros máis. Ademais, concederanse un segundo premio dotado con 3.500 euros e dous accésits de 2.000 euros cada un.

A construción de piscinas ao aire libre na praia da Concha-Compostela é unha das propostas máis innovadoras incluídas no programa electoral do goberno que preside Alberto Varela para dinamizar a praia urbana. A obra incluíuse na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible EDUSI “Vilagarcía Avanza” que o Concello financia con fondos FEDER da Unión Europea, destinados a execución de actuacións de impulso deportivo, de ocio, turístico, económico, de eficacia medioambiental e sostible, que sexan modélicas e estean adaptadas ás esixencias e sensibilidades sociais do noso tempo. Aínda que a idea das piscinas descubertas xa viña de tempo atrás, a necesidade de desenvolver propostas de dinamización turística e ao aire libre, adquire, si cabe, máis importancia no contexto de pandemia e crise económica no que nos atopamos.

Co obxectivo de contar co maior número de ideas posibles e darlle maior difusión, o Concello convocou o concurso a través do COAG, obtendo unha excelente acollida ao recibir 60 propostas procedentes de diversos puntos de Galicia e do resto de España, así como de Portugal e ata un de Londres. Esta variedade permitiu ao xurado valorar as diferentes formas de abordar o deseño das piscinas e comparar técnicas e tecnoloxías utilizadas en lugares moi diferentes, de xeito que se puidera elixir o proxecto de maior calidade estética e construtiva.

Criterios do xurado

Tendo en conta os obxectivos marcados dende a Concellería de Urbanismo, Mobilidade e fondos FEDER e os criterios técnicos determinados polo COAG, o xurado premiará as propostas que, atendendo ás necesidades especificadas nas bases, se consideren modélicas en innovación, eficiencia e sustentabilidade enerxética.

A labor do xurado non foi sinxela debido ao número de propostas presentadas e ao análise que merece a avaliación de cada unha delas. Tras unha reunión preliminar para comprobar que os traballos chegaran en prazo e non se repetían propostas, dende o mes de decembro o xurado mantivo outras tres xuntanzas para ir descartando propostas de forma sucesiva e a medida que se subían os niveis de esixencia, ata quedar coas 9 finalistas.

O xurado deste certame destaca pola súa compoñente técnica. Presidido polo alcalde de Vilagarcía, forman parte do mesmo a concelleira de Urbanismo, o Arquitecto Municipal do Concello, un arquitecto en representación da COAG, outro da Consellería de Sanidade e un da Demarcación de Costas do Estado, a maiores doutro profesional proposto polos concursantes. Como secretario actuou un funcionario municipal.

Características a cumprir polas propostas

Os deseños presentados ao concurso debían emprazarse na área de 7.600 metros cadrados comprendida entre a segunda e a terceira pasarela de madeira (vindo dende o piñeiral da Concha cara a Compostela). A modo orientativo, o custe máximo da obra proposta non poderá superar os 400.000 euros.

Podían proxectarse dous ou tres vasos descubertos, con subministro de auga da traída municipal tratada con solución salina, prevendo o sistema de cobertura automático dos vasos para o seu peche nocturno e fora de tempada. A proposta debería así mesmo, abordar o tratamento da contorna circundante ás piscinas, incluíndo zonas de descanso e sombra, primando as cuestións de accesibilidade, sustentabilidade, as hixiénico-sanitarias e a conexión coa praia. Tamén se deberían propor sistemas de iluminación, control, mobiliario urbano, xestión de residuos, zona de vixilancia, etc…

Ademais, as ideas a concurso tiñan que integrar o tramo da rede do carril bici que discorre paralelo ao paseo marítimo e o “carril running” ou sendeiro creado de forma natural no extremo oposto polas persoas que acoden a correr á praia.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -