EMPREGO
O Concello promove un novo obradoiro de emprego centrado na atención sociosanitaria e teleasistencia, e a electricidade e domótica O Concello vén de solicitar a Xunta de Galicia a súa participación non novo ciclo dos obradoiros de emprego Forme 2021. O presuposto é de 346.000 euros, aos que hai que sumar a aportación do Concello para facer fronte aos custes non subvencionados pola Xunta, ademais do edificio e a colaboración de distintos servizos municipais. Os alumnos beneficiados serán 20, en dous módulos de 10 persoas cada un. Nesta ocasión, a formación se centrará en dúas especialidades profesionais con moitas posibilidades de inserción laboral: por unha banda, a atención sociosanitaria e a teleasistencia, e, por outra, as instalacións de electricidade e os sistemas domóticos.
26.02.2021. Durante o período de formación, de nove meses entre teoría e práctica, os alumnos e alumnas recibirán o salario mínimo interprofesional. Despois, concluída a instrución, todos serán asesorados e acompañados polo Concello na busca activa de emprego, ben por conta propia, ben por conta allea. De feito, este é un dos requisitos que máis se valora na convocatoria que fai cada ano a Xunta de Galicia. O Concello, por iso, tamén dará incentivos ás empresas que tralo período de formación contraten aos alumnos do Obradoiro de Emprego ao menos durante 3 meses e a xornada completa.
O primeiro módulo se dirixe a persoas que queiran especializarse na atención sociosanitaria e a axuda a domicilio segundo as distintas patoloxías de usuarios dos servizos sociais e, ao tempo, á xestión de chamadas de teleasistencia ás persoas que normalmente se dirixen ao Concello a través das concellerías de Igualdade e de Seguridade Cidadá. O segundo módulo tamén moito que ver cos servizos que presta o Concello, de xeito que se centrará nas instalación eléctricas subterráneas e aéreas e, igualmente, no desenvolvemento de sistemas domóticos e inmóticos en infraestruturas e rúas de titularidade municipal.
Para participar neste novo obradoiro, os interesados deberán ter máis de 18 anos, estar en situación de desemprego e contar cunha serie de requisitos previos de formación para poder optar á obtención do certificado de capacitación profesional. Normalmente, o obradoiro debería comezar no mes de agosto, para o que previamente se fará unha selección do alumnado a través do Servizo Público de Emprego.