_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello amplía ata o 31 de decembro a posibilidade de ampliar as terrazas e a suspensión da ordenanza que regula a actividade

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, asinou unha resolución pola que o Concello amplía ata o 31 de decembro –prorrogable, chegado o caso- o prazo polo que a hostalería local poida incrementar os espazos dedicados a terrazas. Ao tempo, tamén se ratifica a suspensión da ordenanza que regula a actividade. Ambas medidas complementan as outras xa postas en marcha, como as axudas directas e as indirectas, a través dos bonos “Son da Casa”. Como se sabe, no presuposto aprobado o pasado xoves, exas axudas se incrementan en 200.000 euros máis e os bonos se destinan outros 100.000.
27.02.2021. A resolución asinada por Varela Paz é aplicable aos titulares de locais de hostalería e restauración que xa contan con licenza municipal para o desenvolvemento das actividades de bar, cafetería, xeados, pub restaurante, etcétera, así como a aqueles que a teñan solicitada.

Con todo, aqueles que decidan acollerse a esta medida extraordinaria, motivada pola pandemia e as normas que regulan a “desescalada” nas restricións de mobilidade e apertura de establecementos públicos, deberán cumprir cunha serie de normas. Entre elas, que as terrazas “non poderán superar a capacidade máxima permitida, de xeito que só se poidan utilizar as mesas e cadeiras correspondentes ás porcentaxes máximas de uso en cada momento”. Ademais, deberán manter sempre “a distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas”. Igualmente, deberán respectar os dous metros de distancia respecto dos portais de acceso ás vivendas e a os pasos de tránsito peonil.

Como queda dito, a resolución da Alcaldía abrangue igualmente suspender temporalmente a aplicación da Ordenanza Reguladora da Actividade de Ocupación de Terreos de Uso Público con mesas e cadeiras, o que se suma ao cambio xa aprobado na ordenanza fiscal, polo que se suspendeu o cobro pola instalación de terrazas ao longo deste ano.

A medida aprobada agora polo goberno local tamén ofrece a posibilidade de que os hostaleiros poidan ocupar as zonas de aparcamentos con mesas e cadeiras aos efectos de ampliar as terrazas para dar cumprimento as medidas sanitarias e de saúde pública previstas. Sen embargo, para beneficiarse desta eventualidade, os titulares das licenzas deberán solicitar previamente unha autorización que “deberá contar con informe favorable da Policía Local e dos Servizos Técnicos municipais, nos que se analizará a seguridade cidadá e as prazas de aparcamento existentes na zona onde se pretenda instalar, sendo necesario en todo caso obter esa autorización expresa, sen que se poida entender adquirida por silencio administrativo”.

PROHIBICIÓNS
De todos os xeitos, esta autorización poderá quedar sen efecto en caso de requirimento de acceso ou prestación de servizos públicos de primeira necesidade. E ademais, quedan expresamente prohibidas as actuacións musicais en directo, “así como a instalación de equipos audiovisuais visibles o audibles dende os espazos de terrazas”. Tampouco se poderá utilizar o mobiliario urbano da rúa ou praza como parte da terraza, sen que a colocación de esta poida limitar o acceso á utilización deses elementos do mobiliario urbano.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -