_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello destina 600.000 euros á renovación de servizos e humanización da rúa Sobrán

A rúa Sobrán, que arranca diante do pazo e a igrexa do mesmo nome e conclúe no cruce que leva ao colexio de Faxilde, sufrirá nos vindeiros meses unha transformación radical. O concello investirá algo máis de 600.000 euros na humanización desta rúa, o que inclúe a renovación total dos servizos (auga, saneamento, alumado). A obra foi presentada hoxe polo alcalde, Alberto Varela, coa presenza de varios veciños.
27.02.2021. O proxecto financiarase na súa totalidade cos fondos do Plan Concellos da Deputación Provincial e será un dos máis importantes dos que realice o concello neste mandato. Afectará a unha superficie de preto de 700 metros na que coexisten dous elementos patrimoniais que é preciso poñer en valor: a igrexa (século XII) e o pazo (século XV) e ter en conta a irregular disposición das vivendas que se foron construíndo ao longo de décadas á beira do vial.
Por esa mesma razón, o proxecto divídese en dous tramos. No primeiro, de aproximadamente 250 metros, utilizarase basicamente a pedra, ben con lousas para as beirarrúas, ben o adoquín para o vial propiamente dito. Isto é así de acordo coas normas establecidas por Patrimonio, que esixiu a utilización de materiais nobres. No segundo tramo, de preto de 400 metros, recorrerase ao formigón fratasado para as beirarrúas e ao asfalto para o vial.

Nos dous casos a plataforma –é dicir, tanto o vial coma as beirarrúas- estarán ao mesmo nivel, de xeito que se favorecerá tamén a accesibilidade. Tendo en conta o irregular do trazado actual, con beirarrúas a distinto nivel e de diversas medidas, igualmente se favorecerá a circulación dos peóns, que non terán que andar subindo e baixando a distintas plataformas, como ocorre agora.

A obra foi moi reclamada pola veciñanza, posto que durante moitos anos se foron facendo distintas actuacións que hoxe ofrecen un conxunto moi deteriorado. Os servizos técnicos do concello tamén consideraron moi necesario actuar nesta zona tendo en conta a antigüidade das redes e as continuas avarías que se producían. O propio alcalde, Alberto Varela, explicou aos veciños que actuar nas “tripas” da cidade –as redes de canalizacións- sempre sae caro pero chega un momento en que é inevitable facelo.

O alcalde tamén subliñou que o caso da rúa Sobrán é un exemplo de que os grandes investimentos non sempre están centrados nos cascos urbanos, senón alí onde é necesario. Neste sentido, agradeceu a Lino Mouriño, concelleiro de Obras, e aos técnicos municipais, o traballo feito nos últimos meses para facer realidade este proxecto, estando ademais sempre en contacto cos veciños.

Unha vez concluída a reforma, a velocidade permitida será de unicamente 20 quilómetros á hora.

CONSULTA AQUÍ A INFOGRAFÍA DO PROXECTO:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -