_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno local apoia aos mariscadores do Carril e esixe á Xunta que se sume concedendo axudas directas

Nunha visita a pé de mar protagonizada polo alcalde e varios dos seus concelleiros, o goberno local quixo deixar claro o seu apoio ao colectivo de mariscadores do Carril, que está a pasar un momento moi difícil despois da alta mortalidade do moluscos como consecuencia das continuas chuvias e os aportes de auga doce do encoro de Portodemouros. O alcalde pediu, por iso, que a Xunta deixe de mirar cara outro lado e articule axudas directas.
03.03.2021. Aínda que xa tiña coñecemento por reunións o conversacións anteriores con directivos da agrupación de mariscadores, o alcalde quixo coñecer de primeira man a situación deste colectivo a pé de mar. Fíxoo xunto á antiga conserveira de Malveira e alí varios profesionais do sector lle explicaron como, por exemplo, nos dous quilómetros que separan a praia de Bamio do inicio do Carril, apenas atoparon media ducia de ameixas vivas. Todo o demais, como o berberecho, morreu, causando perdas que suman miles de euros, non xa do investimento perdido na semente senón na falla de rendemento económico posterior ao perder toda a colleita deste ano.

Os produtores explicaron que, como xa a Xunta puido comprobar, a alta mortalidade debeuse á descenso da salinalidade das augas como consecuencia dos aportes de auga doce pola chuvia, os aportes dos desaugues do encoro de Portedemouros e a insistencia dos ventos do sur, que provocaron unha especie de “tapón” que provocou que a salinidade nos viveiros chegara a cero. Algún dos presentes incluso apuntou como unha das solucións para o futuro a realización dun dragado nos Lombos do Ulla, de xeito que así a auga doce circule por fóra de Cortegada e permita manter os nivel de sal nas augas que bañan os viveiros máis pretos da costa do Carril.

Pero en onde coincidiron todos foi na falla de resposta da Consellería do Mar diante do problema xerado no Carril, sen escatimar tampouco as críticas á propia confraría de pescadores da localidade, pola súa actitude, que nada ten que ver –segundo argumentaron os mariscadores- coa amosaron outros pósitos e non só da Ría de Arousa. Neste sentido, o alcalde, que ratificou o seu xa coñecido apoio ao colectivo de produtores, reclamou, como estes, que a Xunta actúe xa a través de axudas directas, do mesmo xeito que o vai facer con outros sectores económicos afectados por unha situación sobrevida, neste caso unha crise sanitaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -