_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A colaboración Concello-Deputación permite transformar “o patio de atrás” de Fexdega nun vial humanizado e seguro

Un investimento de case 300.000 euros e a colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello permitiron dar un cambio radical ás rúas Nogueira, Figueira e Limoeiro, é dicir, as que bordean o recinto feiral de Fexdega. A presidenta da corporación provincial, Carmela Silva, definiuno graficamente: o que era o “patio de atrás” é agora un patio “de luces”, con beirarrúas anchas e un vial situados ao mesmo nivel, facilitando con iso a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade.
03.03.2021. Silva puxo como exemplo esta obra, e outras que se están a levar adiante polo goberno de Vilagarcía, como o modelo que quere implantar en toda a provincia de Pontevedra. Por iso defendeu a necesidade de que dende a institución provincial se desenvolvan plans que o que lle afectou ás tres rúas vilagarciáns permitan seguir avanzando cara a cidades máis seguras, mellor planificadas, onde o peón mande sobre os vehículos e o seu desenvolvemento sexa sostible. Neste sentido, Carmela Silva lembrou que a Deputación é, con moito, a administración que máis inviste en Vilagarcía e fixo, por iso, un chamamento ás demais a que fagan o mesmo nun concello con tantas potencialidades.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu a colaboración da corporación provincial e especialmente da súa presidenta. “Alguén poderá pensar que forma parte noso equipo de goberno”, chegou a ironizar. Varela Paz lembrou outros proxectos nos que ambas institucións colaboraron, como a escola infantil de Vilaxoán -“cando presentamos o proxecto, dixeches que ía a ser de premio, e xa leva dous”, subliñou o alcalde- e outros a desenvolver nos vindeiros meses, é o caso da reforma integral da rúa Sobrán, que suporá un investimento de 600.000 euros, cunha solución urbanística moi similar á aplicada agora ás rúas do contorna de Fexdega, agás a parte frontal do pazo e a igrexa.

Como Silva, Varela tamén defendeu a nova forma de concibir os espazos urbanos, transformando as cidades en lugares máis amables cos seus propios protagonistas, os veciños, non os coches. Neste sentido, o alcalde lembrou que nos anos que leva de mandato xa se humanizaron máis de 35.000 metros cadrados de rúas e prazas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -