_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A segunda edición das axudas municipais á reactivación recibe 118 solicitudes en tan só 24 horas

O prazo para solicitar as Axudas municipais de apoio á reactivación económica no sector hostaleiro e outras actividades do Concello de Vilagarcía abriuse onte, 9 de marzo, co resultado da presentación de 118 peticións en tan só as primeiras 24 horas. O volume de solicitudes -que continuará incrementándose ata o día 7 de abril- pon de manifesto a necesidade da liña de axudas creada polo goberno local para contribuír á recuperación dos negocios máis afectados polas restricións do COVID e, en consecuencia, da economía local. Para financiar a segunda convocatoria destas axudas directas, o Concello dispón dunha partida de 200.000 euros.
10.03.2021.- O obxecto desta liña de axudas municipais busca paliar en parte a perda de ingresos dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría, aloxamentos turísticos, ximnasios, comercio retallista, etc… Inténtase que a medida, que é compatible coas axudas doutras administracións, contribúa ao mantemento dos postos de traballo e da competitividade dos sectores locais afectados pola pandemia.

As axudas teñen dúas modalidades: as destinadas aos negocios obrigados ao peche, e as dirixidas a outras actividades que, sen estar obrigadas, sufriron un descenso de facturación como consecuencia das restricións da pandemia. No primeiro grupo as axudas serán de 600 para os titulares dun só local afectado, e de 800 si se posúen máis de un. O importe das subvencións para os negocios non obrigados a baixar a persiana é de 400 euros para un só local e de 600 si un mesmo titular rexenta máis de un establecemento.

En vista da prologada duración que está a ter a crise sanitaria e das restricións que limitan certas actividades económicas, o executivo local de Vilagarcía decidiu nesta segunda convocatoria elevar a contía das axudas, que na primeira edición eran de 300, 500 e 800 euros.

Os gastos subvencionables, e que os interesados terán que acreditar, son os gastos fixos realizados ou devengados entre o 1 de novembro de 2020 e o día de presentación da solicitude. Os anteriores a estas datas xa foron obxecto da anterior convocatoria das axudas. Precisamente, nesa edición presentáronse 533 solicitudes.

Tanto o formulario de solicitude como as bases que rexen esta convocatoria, e nas que constan todos os requisitos a cumprir así como o procedemento de concesión, poden obterse a través do taboleiro de anuncios da web municipal ( http://www.vilagarcia.gal ) ou da sese electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -