_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía busca potenciar o turismo natural e mariñeiro dende Xiabre cun miradoiro ás zonas marisqueiras de Carril e Bamio

O Concello de Vilagarcía segue buscando novas fórmulas para potenciar o turismo natural e mariñeiro. Con este obxectivo xurde a idea de crear en Xiabre un miradoiro que permita contemplar desde a distancia e en conxunto as zonas marisqueiras de Carril e Bamio, así como o inicio da Ría de Arousa coas explotacións bateeiras e o núcleos poboacionais de estrutura típica mariñeira, como é o de Carril. A execución deste proxecto precisa dun investimento de 48.000 euros que o Concello pretende financiar a través dunha subvención xa solicitada ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP da Ría de Arousa.
11.03.2021.- A creación deste miradoiro é unha proposta da Concellería de Turismo que dirixe Álvaro Carou. A instalación emprazaríase no punto da cruz de Xiabre, unha contorna que ofrece unhas espléndidas vistas cara toda a Ría de Arousa e ao curso baixo do río Ulla, polo que permite visualizar a disposición dos parques de cultivo de Carril e as concesións marisqueiras dos Lobos do Ulla en Bamio.

A proposta é totalmente respectuosa contorna natural na que se emprazaría e non precisaría grandes intervencións, xa que se consiste na montaxe dunha plataforma circular para permitir o goce dunha panorámica de 360 graos e que contaría cunha superficie de 72 metros cadrados. Ademais da instalación da plataforma, o proxecto incluiría o acondicionamento do acceso dende o camiño ata o miradoiro.

Conexión con outras iniciativas turísticas

Este balcón á Ría enlazaría con outros proxecto turísticos que está promovendo o departamento que dirixe Álvaro Carou, como unha ruta marisqueira en Carril, da que sería o punto final ofrecendo a visión panorámica da mesma.

Ademais do mariñeiro, o miradoiro tería encaixe tamén noutras modalidades de turismo, como o natural, o activo ou mesmo o Xacobeo. De feito, conectaríase cos roteiros de sendeirismo e dos petróglifos de Xiabre, e mesmo no turismo Xacobeo, ao permitir visualizar o primeiro tramo da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e da Variante Espiritual do Salnés.

A solicitude da subvención ao GALP, que acadaría o 100% do custe do proxecto, xa foi aprobada pola Xunta Local de Goberno, ao igual que a sinatura dun contrato de aluguer dos terreos onde se instalaría o miradoiro, que pertencen á Comunidade de Montes de Guillán, polo prezo simbólico de 1 euro ao ano sen IVE.

Apoios de entidades

A creación do miradoiro de Xiabre conta co apoio expreso da agrupación de mariscadoras Amarcarril, que tamén está a desenvolver un proxecto de Turismo Mariñeiro consistente na divulgación desta actividade produtiva, así como dos valores medioambientais excepcionais e singulares da contorna na que realizan o seu traballo, como son os viveiros de Carril, Os Lombos do Ulla e a Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
De igual xeito, a iniciativa da Concellería de Turismo conta co respaldo da Comunidade de Montes de Guillán e as empresas de turismo activo Corticata, Alvamar e Náutica Medusa. Tamén manifestou o seu apoio ao miradoiro de Xiabre a Mancomunidade do Salnés ao entender que o proxecto supón un reforzo ao produto “A orixe dos Camiños” que impulsa o organismo supramunicipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -