SERVIZOS SOCIAIS
A Escola Infantil Municipal da Lomba abre o prazo de solicitude de novos ingresos para o curso 2021-22 A Escola Infantil Municipal da Lomba abre hoxe o período de reserva de praza para alumnos de novo ingreso para o curso 2021-22. Os formularios de solicitude poden obterse no propio centro educativo, no taboleiro de anuncios do portal municipal, http://www.vilagarcia.gal , ou na sede electrónica do Concello, sede.vilagarcia.gal. Unha vez cubertos e xunto coa documentación requirida, deberán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ao facelo a través da sede electrónica. O prazo remata o 9 de abril.
15.03.2021.- Entre outros requisitos, para ser adxudicatario dunha praza os nenos/as deben ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na Escola, e non ter cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. A comisión de baremación tamén terá en conta os ingresos dos proxenitores. En calquera caso, poderá eximirse do límite de idade a aqueles nenos ou nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do ditame da dirección, o equipo de orientación e a Inspección Educativa.
A resolución das crianzas publicarase unha vez analizada toda a documentación. Será a partir de entón cando se abra un novo prazo para a formalización da matrícula.