_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Os alumnos de socorrismo acuático do Labora Xove retoman a formación práctica na piscina municipal de Fontecarmoa

Os alumnos da especialidade de “Socorrismo acuático e goberno de embarcacións de salvamento” do Obradoiro Labora Xove 20 retomaron este mes as prácticas na piscina municipal de Fontecarmoa, unha vez que as autoridades sanitarias levantaron as restricións do Covid que impedían utilizar este tipo de instalacións deportivas. Os oito alumnos que participan no módulo combinarán a formación teórica cos adestramentos sobre as técnicas de salvamento e rescate durante os 12 meses que durará a acción formativa financiada a través do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
16.03.2021.- O obradoiro Labora Xoven 20 púxose en marcha o pasado 2 de novembro con dúas especialidades: a de socorrismo acuático e a de “Instalacións e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal”, que igualmente conta con 8 alumnos en formación. O proxecto deseñado este ano pola Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello, promotora do obradoiro, é máis ambicioso que os anteriores, xa que duplica a duración da formación ata os 12 meses. Ademais de permitirlles obter os certificados de cualificación profesional en cada unha das modalidades a impartir, a ampliación do período formativo permitirá aos mozos e mozas participantes acabar cunha formación moito máis completa e, polo tanto, con maiores posibilidades de empregabilidade.

No que respecta aos alumnos de Socorrismo acuático e goberno de embarcacións de salvamento, os adestramentos en piscina que están a recibir dende o pasado mes de decembro (co intervalo polos peches do Covid) complementaranse máis adiante con prácticas en praia, onde adestrarán no manexo de embarcacións de salvamento e tamén de rescates dende praia e dende a propia embarcación. Para elo contarán coa colaboración do persoal e medios do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Vilagarcía, co que tamén complementarán a súa aprendizaxe realizando prácticas na última etapa da súa formación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -