_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O folk electrónico de Baiuca soará en Vilagarcía o 19 de agosto a través do Musigal

Vilagarcía xa ten pechada a primeira das actuacións musicais que acollerá a vila durante a semana grandes das festas de verán e a través do programa Musigal da Deputación de Pontevedra . Será, o concerto que Baiuca o 19 de agosto no Parque da Xunqueira, sempre que a pandemia o permita. O innovador folk electrónico deste catoirense soará a través dos temas do disco“Solpor”.
16.03.2021.- Baiuca é o último proxecto musical de Alejandro Guillán que despois de iniciarse con ritmos máis pop baixo o nome de Alex Casanova, somérxese agora nesta proposta experimental onde mestura con mestría os elementos máis típicos da música tradicional galega con sons máis actuais e electrónicos. Por iso non sorprende atoparse nos temas de Baiuca o ritmo das pandeiretas, as cunchas, o pandeiro e mesmo as voces das cantareiras casando á perfección co son dos sintetizadores.

"Solpor" inclúe nove cancións producidas polo artista, entre os que se atopa o tema “Caravel”, con versos de Rosalía de Castro aos que lle pon voz a cantante do grupo Fuel Fandango, unha das colaboracións máis destacables.

O concerto de Baiuca chega a través da programación do Musigal 2021, o programa promovido pola Deputación Provincial para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -