_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cinco dos principais conservatorios de España confirman a súa presenza nas masterclasses do clasclás 2021

Cinco dos principais conservatorios profesionais de música de España –os de Madrid, Barcelona, San Sebastián, Salamanca e Vigo- xa confirmaron a súa participación no Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, Clasclás, que se celebrará entre o 28 de xuño e o 3 de xullo. O programa será presentado esta tarde, vía streaming, na páxina de Facebook do festival: https://www.facebook.com/clasclasfest /
18.03.2021. O programa de masterlasses será impartido pola dirección artística do festival, o Trío Guarneri de Praga, do que partiu a idea da súa organización e para agrupacións similares á que eles conforman, é dicir: piano, violín e cello. Deste xeito, cada un dos cinco centros superiores participantes neste programa seleccionou de entre os seus alumnos un Trío de piano. Ao longo do curso académico están a estudar cos seus profesores un repertorio que despois presentarán para as Masterclasses. Serán aproximadamente unhas 12 sesións que, se a situación o permite, serán abertas ao público.

Na presentación do programa participaron: Argimiro Serén, concelleiro de Educación de Vilagarcía; Esteban Valverde, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo; María José García, directora do Conservatorio Superior de Castela e León, con sede en Salamanca; Miren Iñarga, directora académica do Centro Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE), desde San Sebastián; Juan A. Mendoza, director artístico da Escola Superior de Música Raíña Sofía, de Madrid; Nuria Sempere, directora xeral da Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), desde Barcelona; e Rosina Sobrido, directora do Conservatorio de Vilagarcía e responsable técnica do clasclás.

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO E ALOXAMENTO
O Concello de Vilagarcía considera que coa organización deste programa de masterclasses, o festival adquire unha nova dimensión institucional e dá un paso adiante nas actividades paralelas ao clasclás. "Unha das prioridades do Concello é que o festival se achegue cada vez sexa máis a toda a comunidade, crendo firmemente nos valores, beneficios e na inmensa riqueza que a música achega á nosa sociedade, á vez que se profunda no terreo formativo". Exemplo disto é que o concello incentivará aos participantes cunha axuda de desprazamento e outra de aloxamento ao longo do festival, ao que se une a gratuidade das masterclasses cun trío, o Guarneri de Praga, que é un referente mundial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -