_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Os alumnos de Atención socio sanitaria coñecerán as necesidades específicas dos usuarios de Amencer e da ONCE

O módulo de “Atención socio sanitaria a persoas dependentes en domicilio” que está impartindo o Concello de Vilagarcía a través do obradoiro FORME 20 inicia a semana que ven un ciclo de charlas formativas para ampliar os coñecemento sobre as necesidades específicas que presentan as persoas pertencentes a diferentes diversidades funcionais. Representantes de centros de atención a colectivos con dependencias da zona serán os encargados de explicar as necesidades dos seus usuarios, así como as técnicas e coidados que precisan estas persoas por parte dos profesionais que lle prestan apoio domiciliario ou atención nos centros asistenciais.
19.03.2021.- O ciclo de charlas ábrese o vindeiro xoves, 25 de marzo, coa sesión que impartirá David Carrera, director do centro de día do Prinzesa Letizia, que atende a persoas con parálise cerebral e outras afeccións afíns. A charla comezará ás 9.30 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas nas que o alumnado do obradoiro coñecerá de primeira man, a labor que presta o Princesa Letizia, así como as funcións e tarefas que desenvolven os seus profesionais, as diferentes diversidades funcionais dos usuarios, os materiais de traballo e a súa utilización no día a día.

As actividades complementarias do FORME 20 retomaranse tras o descanso lectivo de Semana Santa. Será coa sesión que terá lugar, tamén nas aulas do obradoiro, o día 9 de abril ás 12.00 horas e que correrá a cargo de Julia Fernández-Nieto Pons, técnica en rehabilitación visual e mobilidade da ONCE e de Eloy Hermelo Caamaño, director de área.
Na primeira parte da sesión, os profesionais farán unha intervención introdutora xeral na explicarán ao alumnado do módulo a labor que desempeña a ONCE na sociedade, as enfermidades visuais máis frecuentes, a labor de rehabilitación visual e mobilidade e as ferramentas que utilizan os coidadores que traballan con persoas con dificultades visuais. Na segunda parte, a través dunha metodoloxía activa e participativa e baseada en dinámicas de xogo, o alumnado tomará coñecemento das dificultades ás que se enfrontan diariamente as persoas cegas ou con deficiencias visuais, de xeito que entendan os coidados ou atencións que precisan as persoas con esta diversidade funcional.

Dúas certificacións profesionais para un mesmo módulo

Este ciclo de charlas, que terá continuidade con outras actividades, ten como obxectivo complementar a formación teórico práctica que están recibindo as 10 persoas que participan neste módulo do Obradoiro FORME 20, que comezou a impartirse a finais do pasado mes de decembro e que ten unha duración de 9 meses. As alumnas e alumnos que completen a formación obterán unha dobre certificación profesional homologada na materia de atención socio sanitaria: a relativa a atención domiciliaria e a de xestión de chamadas de tele asistencia. Esta circunstancia amplía considerablemente as opcións de empregabilidade que terán os participantes unha vez rematen a formación.

O obradoiro conta cunha segunda especialidade, a de “Elaboración e mantemento de mobiliario urbano”, na que tamén participan 10 alumnos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -