_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello contrata a redacción do proxecto para crear o miradoiro na cruz de Xiabre

A Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía segue a dar pasos de cara a á materialización do miradoiro da cruz de Xiabre. Despois de que hai unhas semanas, a Xunta Local de Goberno acordase solicitar ao Grupo de Acción Local Costeira (GALP) unha subvención de 48.000 euros para financiar a actuación, na reunión desta semana contratouse a redacción do proxecto do miradoiro por importe de 1.000 euros. A firma vilagarciá, Corticata, será a encargada de deseñar a actuación baixo o criterio de intervir o mínimo na contorna natural na que se emprazará o balcón á Cortegada e aos Lombos do Ulla.
22.03.2021.- A idea de crear este miradoiro na zona da cruz de Xiabre enmárcase nas actuacións que está a promover a Concellería de Turismo que dirixe, Álvaro Carou, para potenciar o turismo natural e mariñeiro. De feito, o miradoiro situarase nun enclave privilexiado dende onde se poderán contemplar desde a distancia e en conxunto as zonas marisqueiras de Carril e Bamio, o inicio da Ría de Arousa coas explotacións bateeiras, o pobo mariñeiro de Carril, a illa de Cortegada, integrada no parque Nacional das Illas Atlánticas, e mesmo unha panorámica de Vilagarcía e parte do percorrido do vía crucis pola Ruta Fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Como xa se comentou, o proxecto será totalmente respectuoso coa contorna natural na que se emprazará e non precisará máis intervención que a montaxe dunha plataforma circular para permitir o goce dunha panorámica de 360 graos e o acondicionamento do acceso dende o camiño ata o miradoiro.

A creación do miradoiro de Xiabre conta co apoio expreso da agrupación de mariscadoras Amarcarril, que tamén está a desenvolver un proxecto de Turismo Mariñeiro consistente na divulgación desta actividade produtiva, así como dos valores medio ambientais excepcionais e singulares da contorna na que realizan o seu traballo. A iniciativa da Concellería de Turismo tamén conta co respaldo da Comunidade de Montes de Guillán, das empresas de turismo activo Corticata, Alvamar e Náutica Medusa e da Mancomunidade do Salnés.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -