_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O goberno concreta a nova ordenación do tráfico no Piñeiriño para garantir a fluidez tras a humanización de Camilo José Cela

O Concello de Vilagarcía xa ten completamente definida a reordenación do tráfico que se levará a cabo no barrio do Piñeiriño co obxecto de adaptar a circulación do tráfico rodado á peonalización prevista no tramo central da Rúa Camilo José Cela. Tal como o goberno local prometera aos veciños nas xuntanzas celebradas o pasado verán, o plan axústase aos resultados do estudo previo encargado á empresa ICEACSA e ás conseguintes propostas para garantir a mobilidade e a fluidez do tráfico, tanto no interior da urbanización, como no que respecta aos accesos. A medida máis chamativa será a construción dunha rotonda na intersección da Rúa Fontecarmoa coa avenida de Cambados e a rúa Vista Alegre.
26.03.2021.- Tamén en cumprimento do acordado nas reunións informativas do pasado ano para abordar o Plan de Humanización do Piñeiriño, o executivo socialista remitiu esta mañá ás comunidades de propietarios do barrio e das rúas da contorna o plano coa reordenación do tráfico e un resumo coa argumentación das medidas. Preténdese que a veciñanza estea convenientemente informada das actuacións a levar a cabo e das razóns e repercusión das mesmas.

A efectos prácticos, a reordenación xa está en marcha dende hai semanas, xa que os cambios circulatorios previstos nela adoptáronse ao iniciarase as obras de ensanche das beirarrúas nas vías Fontecarmoa, Álvaro Cunqueiro e Francisco Porto Rey. Ademais, dado que a circulación no tramo de Camilo José Cela a humanizar xa está cortada, a modo de proba, dende hai meses, os condutores non notarán cambio algún neste senso.

Mellora da fluidez e redución dos tempos dos desprazamentos

Os cambios, a mellor, percibiranse unha vez que estea construída a glorieta, que terá 7 metros de diámetro. A rotonda, que implicará supresión do semáforo existente actualmente nese punto e no cruce da avenida de Cambados con Camilo José Cela, aportará fluidez á entrada e saída ao barrio.

De feito, segundo o estudo de ICEACSA –o cal se realizou tras unha medición de aforos de tráficos en varios puntos da urbanización e dos seus accesos- o tempo de demora/espera para acceder dende o barrio á Avenida de Cambados reducirase un 41,6%, pasando da media actual de 78,9 segundos por quilómetro á de 17,6 de despois. O estudo, que tamén apunta que a fluidez do tráfico no interior do barrio non se verá afectada pola peonalización do tramo central de Camilo José Cela, apunta tamén que coa nova ordenación e unha vez estea construída a glorieta, o tempo medio de viaxe na zona estudada baixará dos 150,6 segundos/qm actuais, aos 88 s/qm de despois, unha diminución do 77%.

A nova reordenación do tráfico no Piñeiriño foi avaliada e aprobada polos servizos técnicos municipais de Urbanismo e da Policía Local.


Previsións do plan de humanización

Unha vez que xa está concretada a reordenación do tráfico e xa está en proceso de contratación a redacción do proxecto da rotonda, os seguintes pasos a desenvolver polo Concello en relación ao Plan de Humanización do Piñeiriño son o remate do ensanche de beirarrúas e mellora da accesibilidade nas rúas Fontecarmoa, Porto Rey e Álvaro Cunqueiro, no que se investiron 160.000 euros e ó que so lle falta proceder ao pintado da sinalización horizontal e pequenos detalles ornamentais; e a inminente adxudicación das obras de peonalización de Camilo José Cela, nas que se investirán outros 230.000 euros máis.

O plan de humanización do Piñeiriño completarase con outras medidas que suporán nunha importante mellora da mobilidade e seguridade viaria dos peóns, como a creación dos camiños escolares seguros e a primeira fase das ciclovías, proxectos ámbolos dous que parten precisamente do Piñeiriño.

Transformación dun barrio que se humaniza e promove a convivencia nas rúas

En conxunto, todas as actuacións previstas transformarán en gran medida un dos barrios máis populosos de Vilagarcía e dos máis esquecidos durante os últimos 40 anos debido ás escasas intervencións levadas a cabo nese tempo. Grazas ao plan de humanización, a urbanización gañará máis espazo para o uso e goce da veciñanza reducindo o absoluto protagonismo que tiña o coche no deseño inicial dos anos 70/80 e que aínda se mantiña.

Consulta o plano:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -