_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A adxudicación das obras de humanización de Camilo José Cela activa a conta atrás para a transformación do Piñeiriño

Coa adxudicación da primeira gran actuación incluída no ambicioso Plan de Humanización do Piñeiriño, o Concello de Vilagarcía acaba de activar a conta atrás para o inicio da gran transformación que sufrirá este populoso barrio. Tras avaliar as 23 ofertas presentadas ao proceso de licitación da obra de Humanización da Rúa Camilo José Cela, o goberno local acordou adxudicala por 178.081 euros á empresa Excavaciones y Transportes Ivanca S.L.. Esta será a que execute o proxecto deseñado polo arquitecto Mariano Vázquez para converter o centro desta rúa nunha gran praza axardinada para o goce e a convivencia dos veciños.
27.03.2021.- A proposta de Excavaciones y Transportes Ivanca S.L. rebaixou en 52.303 euros o prezo de licitación e inclúe melloras nos apartados de materiais, ornamentación e iluminación. En concreto, a empresa mellorou a calidade do solado de losetas de formigón, a dun proxector empotrable e a de dúas especies arbóreas (un arce xaponés e unha Denonix Regia).

A actuación proxectada afecta ao tramo de Camilo José Cela comprendido entre a encrucillada coas rúas Emilia Pardo Bazán e Fernández Gil e Casal nun extremo, e coa de Julio Camba e Ramón Martínez polo outro. Este espazo converterase nunha praza central ou lugar de encontro atractivo e acondicionado para que os veciños poidan espallarse e fomentar as relacións de veciñanza. As obras devolverán a rúa á escala humana e encherana de vexetación exótica a distintos niveis, ademais de vestila dunha atractiva e orixinal pavimentación a base de mosaicos. A proposta completarase con iluminación ornamental e mobiliario urbano.

Imaxe actualizada e á servizo das persoas

O proxecto actualizará a imaxe da rúa -ancorada nos canons dos anos 70-80, cando as rúas se formulaban para dar servizo aos coches en lugar de ás persoas, e os edificios colmataban os barrios que tiñan con beirarrúas moi estreitas e carecían de zonas verdes. A maiores, adapta o espazo á escala humana baixo criterios de completa accesibilidade, e devolve á zona a esencia de barrio ao desterrar o coche do centro e ao fomentar as zonas de estar e de circulación peonil, permitindo, non obstante, o acceso puntual de vehículos para tarefas de carga e descarga, acceso a garaxes, vehículos de emerxencia, etc..

En base a estes criterios, a obra combinará pavimentos de formigón de diferentes grosores, en función de si se trata dunha zona exclusiva de peóns ou si ten que soportar paso de vehículos, e con tratamentos diferenciados (texturas, cores e formas) que permitan crear mosaicos xogando coa repetición de formas xeométricas e motivos florais.

A vexetación configuraríase a tres niveis (baixo mediante o uso de plantas, a medio nivel con arbustos e, nun plano máis elevado, con árbores). Estas zonas verdes confinaranse en parterres e xardineiras que permitan minimizar as labores de mantemento e contarán con sistema de rego. Plantaranse plantas aromáticas, de froito e especies exóticas que aportarán gran variedade de colorido e aromas.

A proposta complétase cunha iluminación humanizada, a base de sistemas de led empotrados no chan que formarán sendas de luz e resaltarán a arquitectura, as contornas naturais e as árbores; todo isto utilizando cores cálidos e que aporten un elevado confort visual.

Ensanche doutras beirarrúas e plan de tráfico

A obra, que se financia con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra correspondente ao ano 2020, intégrase nun plan máis amplo de humanización e dinamización do barrio do Piñeiriño previsto polo executivo socialista e que xa comezou co ensanche das beirarrúas das vías Fontecarmoa, Porto Rey e Álvaro Cunqueiro que están a piques de rematar.
Ademais, o executivo local concretou xa a reordenación do tráfico rodado consecuencia desta peonalización, plan que deseñou en base ao estudio previo realizado por unha empresa especializada, tal como acordara cos veciños, e que inclúe a construción dunha rotonda na saída da Rúa Fontecarmoa cara a avenida de Cambados e Vista Alegre.

Este plan de tráfico remitiuse onte ás comunidades de propietarios dos edificios de todo o barrio, que xa participaran o pasado verán nas reunións informativas convocadas polo goberno para informar do plan de humanización. A maiores da rotonda, esta reordenación non implica ningunha outra novidade, posto que os cambios de dirección propostos xa estaban en vigor dende hai semanas con motivo das obras do ensanche de beirarrúas e dado que a zona que se vai a humanizar en Camilo José Cela xa leva meses cortada ao tráfico rodado a modo de proba.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -